DUPLEX presenta

En carteleira

Ver programación
Pase único 4 de novembro

Pola liberdade

Ersin Çelik

Zilan volve á súa cidade natal buscando a memoria do seu irmán asasinado polo ISIS, mais todo mudou. Verase envolto nunha loita de resistencia cun grupo de mozos contra policía e exército, que atacan o seu barrio con forza brutal. Ler máis

Proximamente

El año del descubrimiento

Luis López Carrasco

En 1992 suceden en España dous eventos fundamentais: os Xogos Olímpicos de Barcelona e a Exposición Universal de Sevilla. Porén, en Cartaxena, os disturbios e protestas polo peche de fábricas e o desmantelamento industrial adquiren unha violencia crecente até acabar co incendio do parlamento rexional con cócteles Molotov. Ler máis

Filmes xa programados

16 de decembro

Álvaro Gago

Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado ao outro. Os corpos procuran introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vintecinco anos, sae de adestrar a balonmán e vai buscar o seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer. Ler máis

A nena azul

Sandra Sánchez

Sira, unha nena de oito anos, filla dun percebeiro furtivo da Costa da Morte, foxe da escola e refúxiase nunha solitaria praia, na procura do seu pai. Alí ten un misterioso encontro con alguén que parece ser o seu propio espello. Ler máis

Ferrol mola

Cristina Esteiro e Carlos A. Quirós

Na aburrida cidade de Ferrol, o grafiti dun divertido macaco amarelo adorna as deterioradas fachadas das súas rúas máis decadentes. O famoso monicreque, que sempre parece estar de bo humor, acompaña unha curiosa mensaxe de gran optimismo: Ferrol mola. Ler máis

Hamada

Eloy Domínguez Serén

Con vitalidade e humor Hamada traza un retrato insólito dun grupo de mozos amigos que viven nun campamento de refuxiados en medio do pedregoso deserto do Sáhara. Ler máis

Zume de sandía

Irene Moray

Bárbara e Pol van uns días de vacacións. Rodeados de natureza e amigos, buscan pasalo ben e á vez atopar un espazo tranquilo para gozar da súa intimidade. Co apoio de Pol, no medio da natureza, entre bágoas e risos, Bárbara aprende a soltarse, sandar vellas feridas e redefinir a súa sexualidade. Ler máis