Tándem Helena Wittmann: curtametraxes
- DUPLEX presenta
- Patrimonio e repertorio
Tándem Helena Wittmann: curtametraxes
- DUPLEX presenta
- Patrimonio e repertorio
Programa dobre comisariado pola cineasta Helena Wittmann, poñendo en relación o seu filme Human Flowers of Flesh coa dupla de curtametraxes:
O domador de tormentas, de Jean Epstein, 1947 (Le tempestaire): Unha moza está inquieta pola ausencia do seu prometido, que partiu a alta mar. Sae en busca dun 'tempestaire', ese mago que, segundo unha antiga crenza, ten o poder de controlar os elementos naturais.
A gran tristeza de Zohara, de Nina Menkes, 1983 (The great Sadnees of Zohara): Alienada da súa comunidade xudía ortodoxa de Xerusalén, unha moza ábrese ao mundo do espírito. Rodeada de escuros sons do "Outro Lado", vese arrastrada a remotas e cada vez máis desoladas rexións en terras árabes. A súa viaxe, como unha busca mística a través das súas propias paisaxes interiores, culmina co seu regresa a Xerusalén. Alí, indeleblemente marcada, enfróntase á súa profunda soidade e ao seu devastador sentimento de exilio.
Pase único sábado 18 de marzo coa presenza da directora Helena Wittmann.
- Título orixinal: Tándem Helena Wittmann: curtametraxes
- Ano: 19471983
- Duración: 62 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Jean Epstein, Nina Menkes
- Guión: Jean Epstein, Nina Menkes
- Distribuidora: Lost & Found