En carteleira

Ver histórico de filmes

O faro

Robert Eggers

A hipnótica e espectral historia de dous fareiros nunha remota e misteriosa illa de Nova Inglaterra a mediados do século XIX. Ler máis

Os consellos de Alice

Nicolas Pariser

O alcalde de Lyon, Paul Théraneau, encóntrase nunha situación delicada: tras 30 anos de carreira política, cada vez lle resulta máis difícil propoñer novas ideas ou alternativas, encontrándose en medio dun baleiro existencial. Ler máis

O reflexo de Sibyl

Justine Triet

Sibyl é unha psicoterapeuta que decide deixar todos os seus pacientes para retomar unha das súas grandes paixóns: a escritura. De xeito inesperado aparece Margot na súa consulta, unha prometedora actriz inmersa nun gran conflito persoal e que Sibyl usará como fonte de inspiración para escribir a súa propia historia. Ler máis

1917

Sam Mendes

Primeira Guerra Mundial. Dous mozos británicos reciben a misión de atravesar o territorio inimigo para entregar unha mensaxe que evitará un mortífero ataque contra centos de soldados. Ler máis

Parásitos

Bong Joon Ho

Toda a familia de Ki-taek está no paro e interésase moito polo tren de vida da riquísima familia Park. Un día, o seu fillo logra que o recomenden para dar clases particulares de inglés na casa dos Park. É o comezo dunha engrenaxe incontrolábel, da que ninguén sairá realmente indemne. Ler máis

O que arde

Oliver Laxe

Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por ter provocado un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. Ler máis

Estrea 24 de xaneiro

Deus é muller e chámase Petrunya

Teona Strugar Mitevska

En Stip, cada mes de xaneiro o sacerdote local ceiba unha cruz de madeira ao río nunha cerimonia na que centos de homes se lanzan á auga para conseguila. Quen se faga con ela terá garantida a boa sorte durante todo o año. Pero esta vez a cruz colleuna Petrunya. Ler máis

Estrea 24 de xaneiro

A lagoa do ganso salvaxe

Diao Yinan

Un líder dunha banda criminal en busca da redención e unha prostituta que loita por recuperar a súa liberdade atópanse no corazón dunha persecución. Xuntos, deciden xogar unha última vez co seu destino. Ler máis

Estrea 24 de xaneiro

Augas escuras

Todd Haynes

Inspirada nunha impactante historia real, un tenaz avogado descobre o escuro secreto que conecta un número crecente de mortes inexplicables cunha das corporacións máis grandes do mundo. Ler máis

Estrea 31 de xaneiro

Judy

Rupert Goold

Durante o inverno de 1968, trinta anos despois da estrea do mago de Oz, a lenda Judy Garland ( Renée Zellweger) chega a Londres para dar unha serie de concertos. Ler máis

Estrea 31 de xaneiro

Ema

Pablo Larraín

Despois de que un traumático incidente desestabilice a súa vida familiar e o seu matrimonio, Ema embárcase nunha odisea de liberación persoal. Ler máis

Estrea 31 de xaneiro

Sobre o infinito

Roy Andersson

Unha reflexión en torno á vida humana con toda a súa  beleza e crueldade, o seu  esplendor e banalidade. Paseamos, coma nun soño, da man dunha narradora a modo de Sherezade. Momentos intranscendentes cobran o mesmo significado que un momento histórico. Ler máis

Estrea 31 de xaneiro

Jojo Rabbit

Taika Waititi

Un estraño mozo alemán, criado por unha nai solteira, ten como amigo imaxinario a Adolf Hitler. O seu inxenuo patriotismo ponse a proba cando coñece unha moza que cambia a súa visión do mundo. Ler máis

Pase único 4 de febreiro

O silencio

Ingmar Bergman

Ester, súa irmá Anna e o seu sobriño Johan atravesan en tren un país estranxeiro e sombrío cando deben deterse nun escuro hotel. Mentres Ester trata de reprimir a atracción sexual que lle inspira Anna, esta sae en busca de sensacións que a liberen do tedio e a anguria. Ler máis

Retrospectiva Ingmar Bergman

Estrea 7 de febreiro

A miña gran pequena granxa

John Chester

No 2011, o director de documentais John Chester e a súa muller, a chef profesional Molly Chester, tomaron unha importante decisión: deixar os seus traballos e mudarse ao campo ao norte de Los Angeles cultivar unha granxa. Ler máis

Proximamente

Só fica bailar

Levan Akin

Merab adestrou desde mozo no grupo de danza nacional de Xeorxia coa súa compañeira de baile Mary. O seu mundo vese fortemente sacudido coa chegada de Irakli, quen pronto se convirte no seu maior rival e desexo. Neste entorno conservador, Merab vese obrigado a liberarse e arriscalo todo. Ler máis

Estrea 7 de febreiro

Arima

Jaione Camborda Coll

Arima é aquilo que ves a través da brétema, aquilo que intúes mais non consegues ver con claridade. Un soño, un recordo, un desexo. Arima é a historia de catro mulleres e unha cativa que se ve alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Ler máis

Proximamente

Eyes Wide Shut

Stanley Kubrick

Nunha festa de Nadal organizada polo rico e pouco convencional Victor Ziegler (Sydney Pollack), as provocativas insinuacións e o flirteo inocente levantan a sospeita do físico da alta sociedade William Harford (Cruise) e da súa atractiva muller, Alice (Kidman), que se miran desde a distancia. Cando máis tarde están sós, esta aparentemente parella perfecta confronta as súas fantasías sexuais máis íntimas, que non os inclúen o un ao outro. Cederán ao desexo ou gardarán estas fantasías no seu interior? Ler máis

Estrea 21 de febreiro

Vida oculta

Terrence Malick

Biopic sobre o austríaco Franz Jägerstätter, obxector de conciencia, que se negou a loitar para os nazis durante a Segunda Guerra Mundial e acabou sendo executado por eles en 1943, para ser declarado mártir e beatificado pola Igrexa. Ler máis

Estrea 21 de febreiro

O ovo do dinosauro

Wang Quan'an

Atopan unha muller asasinada na estepa de Mongolia. Un inexperto policía e unha resolta pastora local deben gardar o corpo até que o retiren durante unha noite chea de perigos. Ler máis

Estrea 28 de febreiro

Raíña de corazóns

May el-Toukhy

A aparición do seu fillastro adolescente, Gustav, pon patas arriba a harmonía que reina na vida de Anne. O que nun principio parece ser un movemento liberador para ela pronto se convirte nunha historia de poder e traizón. Ler máis

Estrea 28 de febreiro

Monos

Alejandro Landes

No cumio dunha impoñente montaña, oito nenos guerrilleiros alcumados 'Os Monos' conviven baixo a atenta mirada dun sarxento paramilitar. A súa única misión é clara: coidar á doutora, unha muller americana á que tomaron como refén. Ler máis

Pase único 3 de marzo

Paixón

Ingmar Bergman

Andreas, un home desconectado do mundo despois do seu divorcio, retírase a vivir a unha pequena illa do Báltico. Alí coñece unha parella de artistas que está en plena desintegración e unha moza e inestábel viúva. Ler máis

Retrospectiva Ingmar Bergman

Pase único 24 de marzo

A frauta máxica

Ingmar Bergman

Adaptación televisiva da famosa ópera de W. A. Mozart. O príncipe Tamino enamorou da princesa Pamina, pero esta foi secuestrada por Sarastro. A nai da princesa, a Raíña da Noite, incítao a rescatala, prometéndolle que se o consegue poderá casar con ela. Ler máis

Retrospectiva Ingmar Bergman

Pase único 7 de maio

O barbeiro de Sevilla

Daniel Oren (música), Hugo De Ana (escena)

Na produción de Hugo de Ana o anfiteatro romano da Arena de Verona convértese nun enorme xardin do amor, un labirinto de sebes e rosas xigantes, como un lugar para as intrigas do melodrama máis famoso e querido de Gioachino Rossini, enriquecido pola divertida coreografía de Leda Lojodice e caracterizado polas rosas suxestivas e xigantescas que enmarcan a historia de Rosina, do Conte d' Almaviva e do factotum Figaro. Ler máis

Pase único 4 de xuño

Nabucco

Daniel Oren (música), Arnaud Bernard (escena)

Esta ópera en catro actos, nun libreto de Temistocle Soleira, representa á antiga Babilonia no seu apoxeo, e conta a historia dos escravos xudeus que, apoiados polo sacerdote Zacharia, loitan pola súa liberdade e a súa fe relixiosa. Ler máis