Ópera e ballet

Filmes xa programados

Jonas Kaufmann, My Vienna

Jochen Rieder

Jonas Kaufmann, My Vienna é o recital máis esperado da tempada. O mellor tenor do mundo rende homenaxe á cidade do Valse e a Ópera. Melodias mundialmente coñecidas filmadas en vivo na máxica contorna da Wiener Konzerthaus. Ler máis

Macbeth

Antonio Pappano (música), Phyllida Lloyd (escena)

Antonio Pappano dirixe a orquestra e coro da Royal Opera House. A principal novidade desta produción é a participación de Anna Netrebko, como Lady Macbeth, un dos papeis principais desta ópera. A soprano rusa lidera un elenco no que ademais destaca o barítono Zeljo Luji como Macbeth, e el barítono baixo italiano Ildebrando Arcangel, como Banquo. Ler máis

Manon Lescaut

Antonio Pappano (música), Jonathan Kent (escena)

Esta obra mestra de Puccini retorna ao Covent Garden tras unha ausencia de máis de 20 anos. Nunha nova produción de Jonathan Kent baixo a batuta do director de orquestra Antonio Pappano. A apaixonante soprano letoa Kristine Opolais no papel principal comparte reparto estelar con Jonas Kaufman como o seu amante e Christopher Maltman como o seu cínico irmán Lescaut. Ler máis

O barbeiro de Sevilla

Daniel Oren (música), Hugo De Ana (escena)

Na produción de Hugo de Ana o anfiteatro romano da Arena de Verona convértese nun enorme xardin do amor, un labirinto de sebes e rosas xigantes, como un lugar para as intrigas do melodrama máis famoso e querido de Gioachino Rossini, enriquecido pola divertida coreografía de Leda Lojodice e caracterizado polas rosas suxestivas e xigantescas que enmarcan a historia de Rosina, do Conte d' Almaviva e do factotum Figaro. Ler máis