Condicións e termos de uso

1. OBXECTO E XENERALIDADES

2. CONDICIÓNS XERAIS DE USO

  1. Propiedade intelectual e industrial
  2. Os contidos
  3. A nosa responsabilidade

3. CONDICIÓNS DE VENDA

  1. Información sobre o produto
  2. Dispoñibilidade
  3. Formas de pagamento
  4. Formalización de pedidos
  5. Cancelación de pedidos (só para pedidos con envío a domicilio)
  6. Entrega do produto
  7. Prazo de entrega
  8. Entrega (só para produtos con envío a domicilio)
  9. Dilixencia na entrega (só para produtos con envío a domicilio)
  10. Devolución

1. OBXECTO E XENERALIDADES

As presentes Condicións Xerais de Uso e Condicións de Venda (en adiante, "as Condicións") regulan o uso do sitio web www.duxplexcinema.com (en adiante "este web"), do que é titular Nocturama SL con CIF B70577481 e domicilio na Travesía Moreno, 3, baixo 15403 - Ferrol (A Coruña).

A través deste web, Nocturama SL proporciona información da súa programación de actividades ás persoas usuarias e ofrece a posibilidade de mercar entradas para a súa sala de cinema. As persoas usuarias poden facer compras facilitando só un correo electrónico para que Nocturama SL poida achegarlle o xustificante de compra da súa entrada. As persoas usuarias poden tamén rexistrarse no web enchendo un formulario e gardar datos na súa ficha para futuras compras ou para a súa consulta e/ou modificación posterior. En calquera dos casos, a condición de persoa usuaria supón a adhesión ás Condicións de Uso na versión publicada no momento no que se acceda ao web. En caso de que calquera cláusula das presentes Condicións sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das Condicións.

Nocturama SL poderá non exercitar algúns dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos, agás recoñecemento expreso por parte de Nocturama SL ou prescrición da acción que en cada caso corresponda.

As presentes Condicións réxense pola lexislación española aplicábel na materia. Para resolver calquera controversia ou conflito que se derive das presentes Condicións, as partes sométense á xurisdición dos tribunais da cidade de Santiago de Compostela, salvo que a lei impoña outra xurisdición.

As persoas usuarias poden contactar no teléfono 981 35 60 65 ou no enderezo de correo electrónico info@duplexcinema.com para resolver calquera dúbida que poida xorder respecto ás presentes Condicións.

2. CONDICIÓNS XERAIS DE USO

2.1. Propiedade intelectual e industrial

Os contidos textuais, fotografías e materiais audiovisuais baixo autoría de Nocturama SL e publicados neste web, así como a totalidade dos elementos gráficos, atópanse baixo licenza Creative Commons by-sa, polo que poden ser libremente reproducidos e distribuídos, total ou parcialmente, sempre que se cite a súa autoría e se publiquen baixo a mesma licenza.

Todos aqueles contidos creados por terceiros que Nocturama SL publica neste web manteñen a licenza de propiedade intelectual ou copyright baixo a que foran orixinalmente publicados.

O deseño web e a programación xeral deste web son obra da Navalla suíza con desarrollos posteriores de NUMAX S. Coop. Galega. O código fonte do web está liberado coa licenza GNU Affero 3, que permite unha distribución bastante ampla sempre que se respecten as súas condicións de recoñecemento.

2.2. Acceso e estancia neste web. Os nosos contidos

As persoas usuarias son integramente responsábeis da súa conduta, ao acceder á información deste web, mentres naveguen na mesma así como despois de accederen accedido. Como consecuencia disto, as persoas usuarias son as únicas responsábeis ante Nocturama SL e terceiros de:

  1. As consecuencias que se poidan derivar dunha utilización, con fins ou efectos ilícitos ou contrarios ao presente documento, de calquera contido deste web, elaborado ou non pola empresa, publicado ou non baixo o seu nome de forma oficial.
  2. Así como das consecuencias que se poidan derivar da utilización contraria ao contido do presente documento e lesiva dos intereses ou dereitos de terceiros, ou que de calquera forma poida danar, inutilizar ou deteriorar este web ou os seus servizos ou impedir o seu uso normal por outras persoas usuarias.

Nocturama SL resérvase o dereito a actualizar os contidos cando o estime convinte, así como a eliminalos, limitalos ou impedir o acceso aos mesmos, de xeito temporal ou definitiva, así como denegar o acceso ao web a persoas usuarias que fagan un mal uso dos contidos e/ou incumpran calquera das condicións que aparecen no presente documento.

Nocturama SL non garantiza:

1. Que o acceso a este web sexa ininterrumpido ou libre de erro.

2. Que o contido ou software ao que as persoas usuarias accedan a través deste web non conteña erro algún, virus informático ou outros elementos nos contidos que poidan producir alteracións nos seus sistemas ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático ou cause outro tipo de dano.

3. O aproveitamento que, da información ou contido deste web, as persoas usuarias puideran realizar para os seus propósitos personais.

A información contida neste web debe ser considerada polas persoas usuarias como divulgativa e orientadora, tanto con relación á súa finalidade como aos seus efectos, motivo polo cal Nocturama SL non garante a exactitude da información contida neste web e, por conseguinte, non asume responsabilidade algunha sobre os posíbeis prexuízos ou incomodidades para as persoas usuarias que puidesen derivarse dalgunha inexactitude presente neste web.

2.3. A nosa responsabilidade

Nocturama SL non asume responsabilidade algunha derivada, a título enunciativo pero non limitativo:

  1. Da utilización que as persoas usuarias poidan facer dos materiais deste web ou, xa sexan prohibidos ou permitidos, en infracción dos dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial de contidos deste web ou de terceiros.
  2. Dos eventuais danos e prexuízos ás persoas usuarias causados por un funcionamento normal ou anormal das ferramentas de procura, da organización ou a localización dos contidos e/ou acceso a este web e, en xeral, dos erros ou problemas que se xeren no desenvolvemento ou instrumentación dos elementos técnicos que este web ou un programa facilite ás persoas usuarias.
  3. Dos contidos daquelas páxinas ás que as persoas usuarias poidan acceder desde ligazóns incluídas neste web, xa sexan autorizados ou non.
  4. Dos actos ou omisións de terceiros, con independencia de que estes terceiros puidesen estar unidos a Nocturama SL mediante vía contractual.
  5. Do acceso de menores de idade aos contidos incluídos neste web, sendo responsabilidade dos seus proxenitores ou titores exercer un control adecuado sobre a actividade dos fillos ou menores ao seu cargo ou ben instalar algunha das ferramentas de control do uso de Internet co obxecto de evitar (i) o acceso a materiais ou contidos non aptos para menores, así como (ii) o envío de datos persoais sen a previa autorización dos seus proxenitores ou titores.

Nocturama SL non será responsábel en ningún caso cando se produzan:

  1. Erros ou atrasos no acceso a este web por parte das persoas usuarias á hora de introducir os seus datos no formulario de pedido, a lentitude ou imposibilidade de recepción por parte dos destinatarios da confirmación do pedido ou calquera anomalía que poida xurdir cando estas incidencias sexan debidas a problemas na rede Internet, causas de caso fortuíto ou forza maior e calquera outra continxencia imprevisíbel allea á boa fe de Nocturama SL.
  2. Erros ou incidencias que puidesen producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas, de maneira que non se garante que os servizos deste web estean constantemente operativos.
  3. Dos erros ou danos producidos ao sitio web por un uso do servizo ineficiente e de mala fe por parte das persoas usuarias.
  4. Da non operatividade ou problemas na dirección de email facilitada polas persoas usuarias para o envío da confirmación do pedido.
  5. En todo caso, Nocturama SL comprométese a solucionar os problemas que poidan xurdir e a ofrecer todo o apoio necesario ás persoas usuarias para chegar a unha solución rápida e satisfactoria da incidencia.
  6. Así mesmo, Nocturama SL ten dereito a realizar durante intervalos temporais definidos, campañas promocionais para promover o rexistro de novos membros no seu servizo. Nocturama SL resérvase o dereito de modificar as condicións de aplicación das promocións, prorrogalas comunicándoo debidamente, ou proceder á exclusión de calquera das persoas participantes da promoción no suposto de detectar calquera anomalía, abuso ou comportamento pouco ético na participación dos mesmos.

3. CONDICIÓNS DE VENDA

3.1. INFORMACIÓN SOBRE OS PRODUTOS

As descricións dos produtos expostos neste web realízanse en base á información proporcionada polos provedores de Nocturama SL. No entanto, a información dada sobre cada produto, así como as fotografías ou vídeos relativos aos mesmos e os nomes comerciais, marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos neste web, son expostos a modo orientativo.

Todos os prezos dos produtos que se indican a través deste web inclúen o IVE e os demais impostos que puidesen corresponder.

As persoas con tarxeta de abonada, colaboradora ou protectora, así como persoas desempregadas, xubiladas ou estudantes menores de 25 anos poden beneficiarse dunha entrada reducida en todos os pases do cinema. Para beneficiarse deste desconto, deben indicalo no momento da compra a través desta web e aportar un documento acreditativo da súa condición no momento da retirada da entrada na billeteira de Nocturama SL. Nocturama SL reserva para si o dereito de modificar esta tarifa durante o período de vixencia da tarxeta de abonada en calquera momento.

3.2. FORMAS DE PAGAMENTO

Nocturama SL só aceptará como forma de pago para as compras de artigos efectuadas neste web a pasarela de pago de Abanca, que servirá para pagar as localidades que aparezan dispoñibeis no momento da compra. Os datos viaxarán de forma encriptada á entidade bancaria correspondente, garantindo así a seguridade dos mesmos. Así mesmo, Nocturama SL non ten acceso a datos confidenciais relativos ao medio de pago, e por tanto tampouco os almacena. Unicamente Abanca ten acceso a estes datos a modo de xestión dos pagos e cobros e que son inaccesibeis a outros terceiros.

Disponse da opción de domiciliación bancaria só para os produtos de abono. Nese caso, mediante a sinatura da orde de domiciliación, a persoa asinante autoriza a Nocturama SL a enviar instrucións á entidade bancaria do subscritor para adebedar na súa conta e á entidade para efectuar os débitos na súa conta seguindo as instrucións do acredor. Como parte dos seus dereitos, no caso de adeudo directo en conta, o subscritor está lexitimado ao reembolso pola súa entidade nos termos e condicións do contrato subscrito coa mesma.

O noso servidor garántelle a privacidade dos datos que nos transmite. Dita privacidade conséguese mediante o protocolo HTTPS, cifrando os datos con SSL (Secure Socket Layer).

Os compradores deberán notificar a Nocturama SL calquera cargo indebido ou fraudulento na tarxeta utilizada para as compras, mediante e-mail ao correo info@duplexcinema.com no menor prazo de tempo posíble para que Nocturama SL poida realizar as xestións oportunas.

3.4. FORMALIZACIÓN DE PEDIDOS

O Cliente comprométese a pagar no momento que realiza o pedido. O ticket ou comprobante de compra que corresponde ao pedido de compra enviaráselle por correo electrónico ao enderezo facilitado e, só no caso de estar a persoa usuaria rexistrada neste web, estará dispoñíbel na sección "A miña conta", "Os meus pedidos" e "As miñas entradas".

3.5. ENTREGA DO PRODUTO

O cliente pode acceder á sala coa entrada electrónica que se lle remitirá por correo electrónico ao enderezo facilitado na súa ficha de cliente ou no momento da venda, amosando ao persoal de Nocturama SL a documentación que acredite o dereito a desconto de ser o caso. As entradas enviarase ao correo electrónico co que efectuou a compra e, no caso de dispoñer de rexistro de usuaria, poderase descargar dende a ficha de usuaria.

3.6. DEVOLUCIÓN

Nocturama SL non se compromete a facer efectiva a devolución nin o cambio de entradas para o cinema que foran mercadas por erro pola persoa usuaria salvo erro imputable a Nocturama SL na información da páxina web ou no funcionamento das mesma no momento da compra. A persoa usuaria debe asegurarse antes de tramitar a reserva da exactitude e adecuación dos datos introducidos, xa que non é posible a devolución das entradas adquiridas unha vez realizada a compra. Nese sentido, a persoa usuaria non poderá exercitar o dereito de desistiemento ou resolución previsto no artigo 103 da Lei 3/2014, de 27 de marzo, ao estar excluída do exercicio do mesmo.