1. Quen é o Responsable do tratamento dos seus datos?
Identidade: Nocturama, SL
CIF: B70577481
Enderezo: Travesía Moreno, 3, baixo 15403 - Ferrol (A Coruña)
Teléfono: 981 35 60 65
Correo electrónico: info@nocturamafilms.org
2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
Nocturama SL recolle datos persoais a través dos distintos formularios e canles que ten habilitados en soporte papel ou en soporte electrónico. En cada un deles descríbese a finalidade do tratamento dos datos na “Información básica sobre Protección de Datos” correspondente, que aquí se amplía con información adicional:
- Formulario "Rexístrate”: A finalidade do tratamento dos datos vai ser manter relaciones comerciais coas persoas interesadas, como a compra de produtos e servizos de DUPLEX Cinema, poden ser ben na nosa tenda física ou ben na nosa tenda virtual, comunicar a recepción dun pedido ou realizar o envío de dito pedido ao enderezo indicado na compra se así se solicitara.
- Formulario "Boletín de novidades": A finalidade do tratamento dos datos persoais vai ser comunicar coas persoas que se rexistraran as novidades nos produtos e servizos que comercializa DUPLEX Cinema así como as distintas actividades que organiza.
- Formulario "Abónate!": A finalidade do tratamento dos datos persoais vai ser identificar ás persoas que decidiran abonarse para acceder ás vantaxes comerciais que ofrece DUPLEX Cinema a través desta figura, notificar calquera cuestión relacionada co abono, comunicar a recepción dun pedido ou realizar o envío de dito pedido ao enderezo indicado na compra se así se solicitara e efectuar a domicialización da cota de abono en caso de que elixiran ese método de pago.
- Formularios “Actividades”: A finalidade do tratamento dos datos persoais vai ser identificar ás persoas que desexen participar nalgunha das distintas actividades que organiza DUPLEX Cinema e que requiran dunha inscrición previa por diversos motivos.
- Formulario "Enquisas de satisfacción": A finalidade do tratamento dos datos persoais vai ser xestionar os resultados das enquisas de satisfacción a clientes así como mellorar os produtos e servizos que DUPLEX Cinema ofrece. Os datos van ser recollidos e/ou tratados nas enquisas de forma totalmente anónima.
- Canal “Relacións profesionais”: A finalidade do tratamento dos datos persoais vai ser manter relacións exclusivamente profesionais sobre os produtos e servizos comercializados por DUPLEX Cinema con clientes, provedores e medios de comunicación.
Nocturama SL comprométese a gardar a máxima reserva e confidencialidade sobre a información que lle sexa facilitada.
3. Por canto tempo imos conservar os seus datos?
Os datos persoais proporcionados vanse conservar mentres siga vixente a finalidade pola que se recolleron e non se solicite a súa supresión pola persoa interesada. No caso de inactividade polasúa parte, Nocturama SL vai conservar os datos de carácter persoal facilitados por un período máximo de cinco anos.
Non obstante o anterior, os datos recollidos mediante o formulario "Emprego" van ser conservados para actuais o futuros procesos de selección de Nocturama SL durante un período máximo de dous anos dende o envío deses datos polas persoas candidatas.
4. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A lexitimación para o tratamento dos datos persoais, basease no consentimento expresado pola persoa interesada en manter relacións comerciais con Nocturama SL, así como no caso de que se executen medidas contractuais ou precontractuais e no interese lexítimo para o establecemento de relacións profesionais e para coñecer a satisfacción dos clientes.
5. A que destinatarios se van comunicar os seus datos?
Os seus datos non se van ceder nin comunicar a terceiros en ningún caso.
6. Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
Pode exercer todos os dereitos segundo a lexislación vixente sobre protección de datos.
Obter confirmación por parte do responsable do tratamento de si se están tratando ou non datos persoais que lle incumben. Acceder aos seus datos persoais, solicitar a rectificación de datos inexactos, solicitar a supresión de datos que xa non sexan necesarios para os fins que se recolleron, solicitar a limitación ou oposición do tratamento dos datos, conservándose neste caso unicamente para o exercicio de posibles reclamacións, e solicitar a portabilidade dos seus datos.
En caso de que tratemos os seus datos para algunha finalidade na que solicitáramos o seu previo consentimento, ten dereito a retirar o mesmo en calquera momento sen que isto afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.
Pode exercer os dereitos indicados anteriormente ante o responsable do tratamento, cuxos datos figuran neste documento, achegando o correspondente documento que lle identifique.
Así mesmo, se considera que os seus datos foron tratados de forma inadecuada, terá dereito a presentar unha reclamación diante da Agencia Española de Protección de Datos (C/ Jorge Juan, 6. 28001 – Madrid www.agpd.es).