Madama Butterfly

Madama Butterfly

A moza geisha Cio-Cio-San casa co oficial da mariña estadounidense Pinkerton, convencida de que se trata dunha auténtica unión para toda a vida pola que renunciará a súa relixión e a súa comunidade. Cando se dá conta de que para Pinkerton o seu matrimonio non é máis que unha ilusión, Cio-Cio-San xa non poderá escapar ás tráxicas consecuencias.
Esta ópera, que inclúe o aria de Butterfly “Un bel dì, vedremo” (“Un belo día veremos”) e o “coro a boca pechada”, é tan fascinante como desgarradora. A exquisita produción de Moshe Leiser e Patrice Caurier inspírase en imaxes europeas do Xapón do século XIX. Asmik Grigorian interpreta o papel de Cio-Cio-San e a dirección musical está a cargo de Kevin John Edusei.

En directo en cinemas
Martes 26 de marzo de 2024, 20:15h.
Reposición do directo en cinemas
Domingo 31 de marzo de 2024, 16:15h.

Un descanso.

  • Título orixinal: Madama Butterfly
  • Ano: 2024
  • Duración: 195 minutos
  • Idioma orixinal: Italiano
  • Dirección: Kevin John Edusei
  • Elenco: Asmik Grigorian , Joshua Guerrero, Lauri Vasar, Hongni Wu, Ya-Chung Huang, Jeremy White ,Josef Jeongmeen Ahn.
  • Dirección de arte: Christian Fenouillat
  • Vestiario: Agostino Cavalca
  • Música: Giacomo Puccini