Fidelio

Fidelio

A única ópera de Ludwig van Beethoven, Fidelio, foi o punto culminante do Festival de Salzburg en 2015, un emocionante traballo que chega agora aos cinemas.

Centrado na figura de Leonore, quen libera do seu encarceramento ao seu esposo Fidelio, é unha ópera atemporalmente relevante con poderosas situacións cheas de emoción e desgarradoras e angustiosas súplicas de Leonore: “Quenquera que sexas, quero rescatarche. Por Deus! Non deberías ser unha vítima!”.

O director Claus Guth, recoñecido polas súas profundas interpretacións operísticas, substitúe o diálogo falado por ameazadores sons, duplicando o papel de Leonore cunha cantante xorda. O resultado é unha espléndida, emotiva e nova representación desta obra mestra, que termina co colapso do profundamente traumatizado personaxe de Florestan, acompañado por unha exultante música.

A Vienna Philharmonic Orchestra acompañada pola Vienna State Opera Chorus baixo a dirección de Franz Wesler- Möstpor, interpreta un intenso e cativador son orquestral, apoiado por unha repartición infestada de estrelas incluíndo a Adrianne Pieczonka e Jonas Kaufmann nos papeis protagonistas.

Con Ludwig van Beethoven comeza a desaparición do clasicismo e o principio do romanticismo. Fidelio corresponde a unha segunda etapa da súa carreira, a un estilo de “transición” onde se observa un cambio de rumbo ao considerar o clasicismo como esgotado, tratando, para saír do modelo, de plasmar na música unha serie de emocións do ser humano. Trátase dunha das súas obras máis representativas, onde prestou especial interese en retratar e salientar o heroísmo.

  • Título orixinal: Fidelio
  • Ano: 2015
  • Duración: 145 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán
  • Dirección: Franz Welser-Möst (música), Claus Guth (escena)
  • Elenco: Jonas Kaufmann, Adrianne Pieczonka, Sebastian Holecek, Tomasz Konieczny, Hans-Peter König
  • Vestiario: Christian Schmidt
  • Música: Orquesta Filarmónica de Praga
  • Distribuidora: Versión Digital