Off DUPLEX

Filmes xa programados

Araña

Andrés Wood

Chile, a comezos dos anos 70. Un violento grupo nacionalista de extrema dereita quere derrocar o goberno de Allende. Os membros do grupo Inés, o seu marido, Justo, e o mellor amigo de ambos os dous, Gerardo, levan a cabo un crime político que cambia o curso da historia. 40 anos máis tarde, Inés é agora unha poderosa muller de negocios que fará o que faga falta para evitar que Gerardo revele o seu pasado e o do seu marido. Ler máis

Fourteen

Dan Sallitt

Mara e Jo, dúas rapazas na vintena que viven en Nova York, son amigas desde o instituto. Ao longo dunha década, a medida que os traballos, os namorados e os apartamentos van e veñen, o seu poderoso vencello espállase mais nunca se racha por completo. Ler máis

La camarista

Lila Avilés

Eve é unha moza camareira nun luxoso hotel de México. Cun horario longo e extenuante, que non lle permite ver nin a súa familia, Eve prepara un plan para mellorar a súa situación laboral. Ler máis

Love Me Not

Lluís Miñarro

Esta cuarta longa de Miñarro pon en escena a Herodes e á súa filla Salomé, famosa por conseguir que lle servisen en bandexa a cabeza de Juan o Bautista. Mestura de cinema político e estética pop, supón a súa consagración definitiva como un dos nosos maiores cineastas. Ler máis

Primeiras soidades

Claire Simon

Adolescentes dun instituto da periferia parisina discuten durante longas horas, xa sexa en clase, nos corredores ou no recreo, sobre as súas aspiracións, desexos de fuxir e abandonaren a súa zona de confort para descubriren un novo mundo sós. Ler máis