
Courtroom 3H
- Off DUPLEX
- Estrea
- TP
Courtroom 3H
- Off DUPLEX
- Estrea
- TP
O Tribunal de Familia Unificado de Tallahasee (Florida) é un xulgado especializado en casos nos que hai menores implicados. É unha corte única nos EUA que se ocupa de asuntos relativos a pais e fillos. As familias entran nesta corte cando foron acusadas de abuso, abandono ou neglixencia cos menores. O obxectivo deste xulgado declarado pola Lei é reunificar as familias o antes que se poda e do xeito máis seguro. A fita inspírase nas palabras de James Baldwin: “Se un realmente desexa saber como se administra a xustiza nun país, achégase ao desprotexido e escoita o seu testemuño”.
- Título orixinal: Courtroom 3H
- Ano: 2020
- Duración: 115 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Antonio Méndez Esparza
- Guión: Antonio Méndez Esparza
- Fotografía: Barbu Balasoiu, Santiago Oviedo
- Produtora: Aquí y Allí Films (España), 9am Media Lab (Estados Unidos)
- Distribuidora: Wanda Visión
Donostia 2020 (sección oficial)



