Los malditos

Pase único 26 de agosto

Los malditos

Inverno de 1862. En plena Guerra de Secesión, o exército estadounidense envía unha compañía de soldados voluntarios aos territorios do oeste, coa misión de patrullar as inexploradas terras fronteirizas. A medida que a súa misión cambia de rumbo, o significado do seu compromiso comeza a escapárselles.

O reputado documentalista Roberto Minervini (Stop the Pounding Heart, Que farás cando o mundo estea en chamas?) debuta na ficción virando a súa mirada cara o pasado estadounidense para abordar un dos seus fitos fundacionais. O arquetipo clásico da patrulla do exército perdida desenvólvese nun terreo fantasmagórico, de tensión permanente, onde un grupo de soldados senten axexados por un inimigo invisible, inmobilizados pola incerteza e arrasados polas dúbidas existenciais, que comparten ante unha fogueira polas noites.

  • Título orixinal: The Damned
  • Ano: 2024
  • Duración: 88 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Roberto Minervini
  • Guión: Roberto Minervini
  • Elenco: Jeremiah Knupp, René W. Solomon, Cuyler Ballenger, Noah Carlson, Judah Carlson, Tim Carlson, Bill Gehring
  • Montaxe: Marie-Hélène Dozo
  • Son: Bernat Fortiana Chico
  • Música: Carlos Alfonso Corral
  • Fotografía: Carlos Alfonso Corral
  • Produtora: Okta Films, Pulpa Films, Michigan Films, VOO OBE Be tv, Shelter Prod
  • Distribuidora: Noucinemart
Cannes 2024 (Un Certain Regard: Mellor Direción), NYFF 2024, TIFF 2024, Xixón 2024 (estrea) Márgenes 2024 (Mención Especial do Xurado), D’A 2025 (Focus: Roberto Minervini)