
La imatge permanent
- Off DUPLEX
- Estrea
La imatge permanent
- Off DUPLEX
- Estrea
Nunha vila do sur, Antonia, unha nai adolescente, desaparece no medio da noite. Cincuenta anos máis tarde e moitos quilómetros ao norte, Carmen, unha directora de casting algo introvertida, debe atopar persoas que conten os seus recordos tras cambiar de cidade. Durante a súa procura, Carmen coñece a Antonia, unha muller impulsiva que invade a súa soidade. Quen dixo que o tempo cura todas as feridas?
LA IMATGE PERMANENT é a primeira longametraxe da directora Laura Ferrés, premiada na Semana da Crítica do Festival de Cannes, os Goya e os Gaudí, pola súa curta documental Los desheredados. O filme estreouse na competición do Festival de Locarno e no noso país tivo a súa premiere na sección oficial da Seminci (Semana Internacional de Cinema de Valladolid), onde obtivo a Espiga de Ouro ao mellor filme.
- Título orixinal: La imatge permanent
- Ano: 2023
- Duración: 94 minutos
- Idioma orixinal: Catalán
- Dirección: Laura Ferrés
- Guión: Laura Ferrés, Ulises Porra, Carlos Vermut
- Elenco: María Luengo, Rosario Ortega, Saraida Llamas, Claudia Fimia, Mila Collado, Dolores Martínez
- Montaxe: Aina Calleja
- Música: Sergio Bertran, Fernando Moresi Haberman
- Produtora: Fasten Films, Le Bureau, TV3
- Distribuidora: La Aventura




