Trenque Lauquen
- Off DUPLEX
 - Estrea
 - +7
 
Trenque Lauquen
- Off DUPLEX
 - Estrea
 - +7
 
Unha muller desaparece. Dous homes saen na súa procura: ambos os dous a aman. Por que marchou? Cada un deles ten a súa propia sospeita e ocúltalla ao outro que —misteriosamente— nunca chega a ser o seu rival. Ningún ten razón, pero, alguén tena? Esa fuxida de súpeto revélase como a cerna secreta dunha serie de ficcións que o filme, sutilmente, se encarga de tecer: o segredo do corazón doutra muller, perdida tamén hai xa unha morea de anos; o segredo da vida dunha aldea sacudida por un acontecemento sobrenatural que ninguén semella percibir; o segredo da chaira, que non deixa de espallarse devorándoo todo, como as sombras que asolagan o mundo despois do solpor.
- Título orixinal: Trenque Lauquen
 - Ano: 2022
 - Duración: 250 minutos
 - Idioma orixinal: Español
 - Dirección: Laura Citarella
 - Guión: Laura Citarella, Laura Paredes
 - Elenco: Laura Paredes, Ezequiel Pierri, Rafael Spregelburd
 - Montaxe: Miguel De Zuviría, Alejo Moguillansky
 - Vestiario: Flora Caligiuri
 - Son: Marcos Canosa
 - Música: Gabriel Chwojnik
 - Fotografía: Yarara Rodriguez
 - Produtora: El Pampero Cine, Grandfilm
 - Distribuidora: Vitrine Films