Un volcán habitado
- Off DUPLEX
- Estrea
Un volcán habitado
- Off DUPLEX
- Estrea
En setembro do ano 2021. a terra tremeu na illa de La Palma e o lume abriuse paso. Despois de cincuenta anos, un novo volcán emerxía e as novas xeracións vivíamos en primeira persoa o que só coñeciamos de boca dos maiores.
Afastados do sensacionalismo do relato mediatico, no chat común dun grupo de amigos da illa, as notas de audio que intercambian cada día tecen unha inesperada crónica de aqueles intres de incerteza e asombro.
Durante case tres meses, o río de lava atravesou as montañas até chegar á costa e borrou do mapa todo o que atopou ao seu paso, deixando tras si un manto de cinzas.
Un volcán habitado é un relato colectivo sobre a amizade e a afouteza dos moradores dunha terra, que cada certo tempo convive co poder hipnótico e devastador da natureza.
- Título orixinal: Un volcán habitado
- Ano: 2023
- Duración: 66 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: David Pantaleón, Jose Víctor Fuentes
- Guión: David Pantaleón, Jose Víctor Fuentes, Fernando Alcántara, Isabel Arencibia
- Participación: Víctor Cabrera Lorenzo, Héctor Lorenzo Martín, Efrén Pérez Toledo, Francisco Luis Yanes Brito, Tonono Hernández Gómez, ‘Ché Ché’ Rodríguez Martín, Lorimer Monteith Lorenzo, José Félix Rodríguez Domínguez, Carlos Camacho Acosta, Julio C. Ávila Acosta, Panc
- Montaxe: Fernando Alcántara
- Son: Raúl Capote, Carolina Hernández
- Fotografía: David Pantaleón, Jose Víctor Fuentes
- Produtora: Chukumi Studio, Los de Lito Films, Glow FilmsEntertainment, La Palma Spirit
- Distribuidora: Chukumi Studio