La camarista
- Off DUPLEX
- Estrea
- TP
La camarista
- Off DUPLEX
- Estrea
- TP
Eve é unha moza camareira nun luxoso hotel de México. Unha exclusiva torre de cristal onde viven hóspedes tan ricos que ela só pode imaxinarse as súas vidas a través das súas fantasías e dos obxectos que van esquecendo. Cun horario longo e extenuante, que non lle permite ver nin a súa familia, Eve prepara un plan para mellorar a súa situación laboral.
Realizada cun esmero de ourive e unha mestría impropia dunha debutante, La camarista é un estudo meticuloso daquilo que pasa entre bimbios. A actriz Gabriela Cartol agasállanos un traballo cheo de carisma, que dota de calor un personaxe que nos descubre un mundo moitas veces invisíbel, ou polo que pasamos sen pararnos nel.
Seleccionado nos festivais máis prestixiosos do mundo logo da súa estrea en Toronto, o impresionante debut co que nos sorprende Lila Avilés relata as relacións de poder e servidume aínda presentes na sociedade contemporánea, mentres nos presenta a persoa detrás do traballador, cos anhelos, desexos e esperanzas que agocha quen habitualmente se mostra como unha sombra.
- Título orixinal: La camarista
- Ano: 2018
- Duración: 102 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Lila Avilés
- Guión: Lila Avilés, Juan Márquez
- Elenco: Gabriela Cartol, Teresa Sánchez, Agustina Quinci, Alán Uribe
- Montaxe: Omar Guzmán
- Dirección de arte: Vika Fleitas
- Son: Guido Beremblum
- Fotografía: Carlos F. Rossini
- Produtora: Bad Boy Billy Productions, Bambú Audiovisual, Fondo para la Producción Cinematográfica de Calidad (Foprocine), Instituto Mexicano de Cinematografía (IMCINE), La Panda, Limerencia
- Distribuidora: El Sur Films