Salvaxe, salvaxe

Pase único 25 de marzo

Salvaxe, salvaxe

"Cheiras iso?" A cámara entra nos montes da Galiza e o norte de Portugal entre murmurios. Para tecer os sinais que deixa a vida salvaxe hai que agudizar os sentidos. Salvaxe, salvaxe rastrexa imaxes e ausencias do lobo ibérico. Atravesa unha historia relacional cargada de mitoloxía popular, sometemento e exterminio e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes- simulacro do natural salvaxe.

Este ensaio fílmico é un anti-documental de natureza: nel aparecen lobos que devolven a mirada a cámara aterrorizados e humanos que saben ouvear. Todas as criaturas deixamos rastros neste baile coidadoso de rastrexadores rastrexados.

Presentación e coloquio co director

  • Título orixinal: Salvaxe, salvaxe
  • Ano: 2024
  • Duración: 86 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Emilio Fonseca Martín
  • Guión: Emilio Fonseca Martín, Xiana do Teixeiro
  • Dirección de arte: Laura Ginés Bataller
  • Son: Xoán-Xil López
  • Música: Ángel Faraldo
  • Fotografía: Emilio Fonseca Martín
  • Produtora: Walkie Talkie Films
  • Distribuidora: Walkie Talkie Films
Málaga 2024 (Mellor Documental), Guadalajara 2024 (Premio Cine Socioambiental), Play-Doc 2024 (Mellor Documental)