Araña
- Off DUPLEX
- Estrea
- +16
Araña
- Off DUPLEX
- Estrea
- +16
Chile, a comezos dos anos 70. Un violento grupo nacionalista de extrema dereita quere derrocar o goberno de Allende. No fragor do crime e a conspiración, os membros do grupo Inés, o seu marido, Justo, e o mellor amigo de ambos os dous, Gerardo, levan a cabo un crime político que cambia o curso da historia. Enredados ao tempo nun perigoso e apaixonado triángulo amoroso, a sombra da traizón separaraos para sempre. É dicir, até que 40 anos despois a vinganza e a obsesión empurren a Gerardo a reactivar a causa nacionalista da súa mocidade. Mais Inés é agora unha poderosa muller de negocios e, mentres a policía vixía a Gerardo e o arsenal que vai acumulando na casa, ela fará o que faga falta para evitar que revele o seu pasado político e sexual e o do seu marido, Justo.
- Título orixinal: Araña
- Ano: 2019
- Duración: 105 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Andrés Wood
- Guión: Guillermo Calderón
- Elenco: Mercedes Morán, María Valverde, Marcelo Alonso, Felipe Armas, Pedro Fontaine, Caio Blat, Gabriel Urzúa
- Montaxe: Juan Cristóbal Hurtado
- Dirección de arte: Rodrigo Bazaes
- Son: Isaac Moreno
- Música: Antonio Pinto
- Fotografía: Miguel Littin
- Produtora: Wood Producciones (Chile), Bossa Nova Films (Brasil), Magma Cine (Arxentina)
- Distribuidora: Atera Films