Un cielo tan turbio

Un cielo tan turbio

Á sombra de monumentais refinerías que emerxen coma templos cromados, 'Un cielo tan turbio' viaxa por diversas paisaxes fronteirizas de Venezuela, o primeiro petro-estado, hoxe golpeado pola peor crise política e humanitaria que Sudamérica viviu no século XXI. Baixo ceos que auguran tormenta, somnolentos militares axexan no medio do mar Caribe, migrantes vagan por lúgubres vilas fronteirizas entre Venezuela e Brasil, e contrabandistas apuran os últimos barrís de gasolina cruzando clandestinamente polas trochas do hostil Deserto Guajiro. Todo isto ao son das esquizofrénicas novas do conflito político que emite unha radio desde a afastada capitalina. Este é un filme que retrata peregrinos e piratas, fillos orfos dunha terra que fixeron súa sen necesidade de plantar bandeiras, ou impoñer himnos; anárquicos coma a tormenta que ameaza poñer fin a este limbo onde se atopan suspendidos.

 

Sesión especial. Coloquio co seu director Álvaro F. Pulpeiro.

  • Título orixinal: Un cielo tan turbio
  • Ano: 2021
  • Duración: 83 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Álvaro F. Pulpeiro
  • Guión: Álvaro F. Pulpeiro
  • Música: Sergio Gutiérrez Zuluaga
  • Fotografía: Mauricio Reyes Serrano, Álvaro F. Pulpeiro
  • Produtora: Insight TWI: The World Investigates, A Cuarta Parede, A Cámara Lenta
  • Distribuidora: Begin Again
CPH:DOX 2021 (competición Next Wave), Indielisboa 2021 (competición Silvestre), Sevilla 2021 (competición Revoluciones Permanentes), Saratov Sufferings 2021 (mellor fotografía)