Ferrol mola

Ferrol mola

Na aburrida cidade de Ferrol, o grafiti dun divertido macaco amarelo adorna as deterioradas fachadas das súas rúas máis decadentes. O famoso monicreque, que sempre parece estar de bo humor, acompaña unha curiosa mensaxe de gran optimismo: Ferrol mola.

 

Pase único o 28 de febreiro coa presentación de curtas de cineastas da contorna de Ferrol: Rubén Coca, Carlos A. Quirós, Cristina Esteiro e Sandra Sánchez.

  • Título orixinal: Ferrol mola
  • Ano: 2016
  • Duración: 2 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Cristina Esteiro e Carlos A. Quirós
  • Guión: Carlos A. Quirós
  • Participación: Cristina Esteiro
  • Montaxe: Carlos A. Quirós
  • Produtora: Cuerda Floja