
A Foreign Song
- DUPLEX presenta
- Estrea
- TP
A Foreign Song
- DUPLEX presenta
- Estrea
- TP
Traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Todos os días erguíase ás seis e deitábase ás nove. Na súa vida non hai peripecias destacables nin episodios extravagantes. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX.
Cando lle pediron unha reseña biográfica para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens rexeitou escribila. Cría profundamente que a poesía non é algo persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz doutra persoa.
Alguén, ao lonxe, observa as casas idénticas nos suburbios solitarios dos Estados Unidos. Na cidade do diñeiro, onte coma hoxe, unha multitude camiña sen descanso. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. El mesmo recita os seus poemas. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.
Presentación e coloquio coa presenza do director César Souto Vilanova
- Título orixinal: A Foreign Song
- Ano: 2022
- Duración: 83 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: César Souto Vilanova
- Guión: César Souto Vilanova
- Participación: William Miller , Erin Moure , James Lewis , Hillary Siebert , Jeffrey Gordon Beasley , Jessica Lynn Fifer , Concepción Fuentes
- Montaxe: Marcos Flórez, Cristina Liz
- Dirección de arte: Carmen Triñanes
- Son: Emilio García Rivas
- Música: Xoán-Xil López
- Fotografía: Alberte Branco
- Produtora: Matriuska Producciones
- Distribuidora: Matriuska Producciones


