16 de decembro
- DUPLEX presenta
- Estrea
16 de decembro
- DUPLEX presenta
- Estrea
Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado ao outro. Os corpos procuran introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vintecinco anos, sae de adestrar a balonmán e vai buscar o seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer.
Proxección especial co gallo do 25N - Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. En colaboración con CIMA (Asociación de mujeres cineastas y de medios audiovisuales) e FECIGA (Federación de Cineclubs de Galicia).
Presentación e coloquio coa actriz Cris Iglesias.
- Título orixinal: 16 de decembro
- Ano: 2019
- Duración: 14 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Álvaro Gago
- Guión: Álvaro Gago
- Elenco: Cris Iglesias, Javier Valcarce, Fran Pérez, Diego Abal, Ruth Boente, Martín Duplá
- Montaxe: Ricardo Saraiva
- Dirección de arte: Alba Aguiar
- Son: Xavier Souto
- Música: Xavier Bértolo
- Fotografía: Lucía C. Pan
- Produtora: Ringo Media
- Distribuidora: Marvin&Wayne
Locarno 2019