Aurora

Aurora

Aurora e Area, mulleres achegadas de mundos totalmente dispares e con gran diferenza de idade entre elas, establecen unha forte relación de intimidade, confianza e profundas conversas ligadas á morte, a familia, a guerra e a muller. A cámara é o terceiro personaxe nesta permanente procura na que a mirada, ao igual ca elas, varía organicamente no tempo.

Presentación e coloquio coa directora do filme Area Erina e o produtor Antonio Durán "Morris".

  • Título orixinal: Aurora
  • Ano: 2024
  • Duración: 65 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Area Erina
  • Guión: Area Erina
  • Montaxe: Area Erina, Andrés Goteira
  • Fotografía: Area Erina
  • Produtora: Laura Doval, Antonio D. Morris, Suso López, Andrés Goteira
  • Distribuidora: Yaq Distribución
OUFF 2024 (sección Panorama: Premio CIMA, Premio Mellor Interpretación para Aurora Álvarez) , Málaga 2024 (sección oficial)