
Dorothé na Vila
- DUPLEX presenta
- Estrea
Dorothé na Vila
- DUPLEX presenta
- Estrea
A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na busca de cancións tradicionais que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país hoxe en día depositadas no APOI – Museo do Pobo Galego. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tras os pasos de Schubarth para encontrar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida.
Pase presentado polos directores.
- Título orixinal: Dorothé na Vila
- Ano: 2020
- Duración: 87 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Alejandro Gándara, Olaia Tubío
- Guión: Alejandro Gándara, Olaia Tubío
- Fotografía: Rubén Gasalla






