
Ciudad de la Selva: Fuxidos e Guerrilleiros nos montes de Casaio
- DUPLEX presenta
- Estrea
Ciudad de la Selva: Fuxidos e Guerrilleiros nos montes de Casaio
- DUPLEX presenta
- Estrea
Tras a guerra civil, o conflito permanece vivo en moitas partes do Estado. Casaio é un destes lugares nos que conflúen guerrilla, forzas franquistas, falanxistas, espías internacionais e aldeáns; pero o único no que persiste unha fronte física de batalla até o ano 1946.
Ciudad de la Selva conta a historia dos fuxidos do réxime franquista en torno á poboación galega de Casaio. Nestes montes exponse unha resistencia activa contra o fascismo grazas ao apoio de membros das comunidades locais, mentres son perseguidos polas forzas da Garda Civil. En Ciudad de la Selva exponse, a través dunha análise historiográfica, arqueolóxica e testemuños de protagonistas dos feitos, o estudo das causas que levaron a crear este enclave de resistencia, de igual modo que os medios dos que se valían para subsistir, como afectaban os seus actos aos civís da localidade ou o papel da muller dentro da guerrilla.
Pase único con presentación e coloquio co director, acompañado pola Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.
- Título orixinal: Ciudad de la Selva: Fuxidos e Guerrilleiros nos montes de Casaio
- Ano: 2022
- Duración: 67 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Miguel Riaño, Ángel Holgado
- Guión: Ángel Holgado
- Montaxe: Thomas Harris
- Música: Isabel Fernández Reviriego
- Fotografía: Thomas Harris
- Produtora: Metropolis.coop


