Zimmerwald
- DUPLEX presenta
- Estrea
Zimmerwald
- DUPLEX presenta
- Estrea
Primeira Guerra Mundial. Cando Lenin e Trotsky se reuniron na remota aldea suíza de Zimmerwald, non foi, como fixeron crer, para observar paxaros. A conferencia secreta foi un chamamento á alianza dos traballadores do mundo enteiro en contra da guerra. A conferencia converteuse nun mito na Unión Soviética, pero foi deliberadamente esquecida pola vila onde tivo lugar. Agora, máis de cen anos despois, un grupo de alumnos do instituto de Zimmerwald proponse redescubrila, guiándonos así, polos meandros do esquecemento e a memoria dos que está feita a Historia.
Pase único coa presenza da directora Valeria Stucki.
O filme recibiu o Premio Latexos no Festival Novos Cinemas de Pontevedra, do que DUPLEX Cinema fai parte como xurado xunta o NUMAX (Santiago), Cineciutat (Palma), Zumzeig (Barcelona) e Círculo de Bellas Artes (Madrid).
- Título orixinal: Zimmerwald
- Ano: 2023
- Duración: 66 minutos
- Idioma orixinal: Alemán
- Dirección: Valeria Stucki
- Guión: Valeria Stucki, Antonio Trullén Funcia, Valérie Poirier
- Participación: Zebib Afowerke, Kim Zumstein, Julia Niederhauser, Jaël Sägesser
- Montaxe: Antonio Trullén Funcia
- Son: Jonathan Darch
- Fotografía: Silvan Hillmann
- Produtora: Lomotion, SRF Schweizer Radio und Fernsehen