O corpo aberto
- DUPLEX presenta
- Estrea
- +16
O corpo aberto
- DUPLEX presenta
- Estrea
- +16
1909. Miguel, un profesor novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo arredor del á vez que medra a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito libre en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e os mortos.
O sábado día 10 ás 17:30, coloquio coa directora Ángeles Huerta e o actor Miquel Ínsua. Contaremos tamén co productor Gaspar Broullón para a presentación.
- Título orixinal: O corpo aberto
- Ano: 2022
- Duración: 91 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Ángeles Huerta
- Guión: Ángeles Huerta, Daniel García
- Elenco: Tamar Novas, Victória Guerra, María Vázquez, Federico Pérez, Elena Seijo, Miquel Insúa, José Fidalgo, Nicolás Otero, Izan González
- Montaxe: Sandra Sánchez
- Dirección de arte: Antonio Pereira
- Son: Diego Staub, Jordi Rossinyol
- Música: Mercedes Peón
- Fotografía: Gina Ferrer
- Produtora: Ollovivo, Fasten Films e Cinemate
- Distribuidora: Filmax