
El año del descubrimiento
- DUPLEX presenta
- Estrea
- +12
El año del descubrimiento
- DUPLEX presenta
- Estrea
- +12
En 1992 suceden en España dous eventos fundamentais: os Xogos Olímpicos de Barcelona e a Exposición Universal de Sevilla, vinculada á celebración do V Centenario do Descubrimento de América. Dez anos logo da subida ao poder do PSOE de Felipe González, España aparece ante a comunidade internacional como un país efervescente, moderno e civilizado. Unha futura potencia económica mundial. Porén, en Cartaxena, os disturbios e protestas polo peche de fábricas e o desmantelamento industrial adquiren unha violencia crecente até acabar co incendio do parlamento rexional con cócteles Molotov.
Domingo 22 ás 17:30. Presentación do director Luis López Carrasco. Modera o debate o histórico sindicalista Rafael Pillado.
*Novo pase ás 17:00, só con presentación
- Título orixinal: El año del descubrimiento
- Ano: 2020
- Duración: 200 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Luis López Carrasco
- Guión: Luis López Carrasco, Raúl Liarte
- Produtora: LaCima Producciones (España), Alina Film (Suíza)
- Distribuidora: Begin Again Films



