DUPLEX Cinema celebra o seu 30 aniversario
O vindeiro luns 19 de xaneiro, cines Duplex, actualmente DUPLEX Cinema, celebrará os 30 anos desde a súa apertura.
O vindeiro luns 19 de xaneiro, cines Duplex, actualmente DUPLEX Cinema, celebrará os 30 anos desde a súa apertura.
Cumprimos tres anos anunciando unha renovación tecnolóxica das nosas salas e aplicando unha única tarifa os mércores: 4 euros.
DUPLEX presenta
O filme de Carla Simón, gañador do Oso de Ouro na Berlinale, será proxectado este sábado ás 21 horas con presentación e posterior coloquio da directora. O debate farao dende os Cinemes Truffaut de Girona e será retransmitido en directo. DUPLEX participa nesta iniciativa xunto con outras cinco salas do estado, nun proxecto que resultou gañador da convocatoria Collaborate to Innovate da Comisión Europea e de Europa Cinemas.
DUPLEX con...
Poñemos en marcha a iniciativa DUPLEX con... para abrir as portas do cinema a unha serie de empresas e asociacións do sector cultural que dan boa mostra da diversidade da que goza unha cidade como Ferrol. A idea é convidalas a programar periodicamente filmes da súa escolla. Todas as sesións serán presentadas por responsables destes colectivos e promoveranse debates en torno ás fitas proxectadas, ademais doutras actividades paralelas.
Off DUPLEX
A tarxeta FOCOS serve para as seccións paralelas do DUPLEX. Por cada cinco veces que vés, a sexta corre á nosa conta. Adquírese no despacho de billetes ao asistir a unha destas sesións. En decembro contamos con catro pases que se benefician desta oferta: Espíritu sagrado (día 8), Anxo de vinganza (día 16), Matrix (día 21) e La Gomera (día 22).
Ciclos
O ciclo 'Kenji Mizoguchi: sororidade e resiliencia' comeza hoxe 9 de novembro e continuará ata o 28 de decembro. Reúne oito títulos do realizador xaponés, entre os que figuran algunhas das súas obras mestras, como Contos da lúa pálida ou O intendente Sansho. As sesións son cada martes ás 20 horas, de balde grazas á colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol. Poden retirarse até dous convites por persoa desde os venres anteriores a cada pase.