DUPLEX presenta

Margarita Ledo presenta Nación o 27 de marzo

A cineasta introducirá o seu novo filme e debaterao co público nun pase especial ás 17:15 horas. As entradas xa están á venda. Se queres saber máis sobre a fita, recomendámosche escoitar a nosa nova entrega de DUPLEX presenta, o podcast mensual do cinema, que inclúe unha entrevista coa directora.

Ler máis

Ciclos

Universo Wong Kar-Wai: 7 filmes restaurados

Logo do éxito de Desexando amar na nosa carteleira, estreado cun novo master en 4K polo seu 20 aniversario, chegan a DUPLEX Cinema seis títulos máis do reputado realizador hongkonés. Todos eles restaurados baixo a supervisión do seu director. Poderán verse en pases únicos os mércores ás 20:30 entre o 20 de xaneiro e o 24 de febreiro. As entradas xa están á venda.

Ler máis

DUPLEX presenta

Estreamos podcast mensual

DUPLEX presenta súmase ao formato podcast, cunha entrega cada mes que repasará as novidades do cinema. Inauguramos o espazo co cineasta Eloy Domínguez Serén, que comenta connosco o seu filme favorito, Desexando amar. A obra mestra de Wong Kar-Wai cumpre 20 anos e proxectamos unha versión restaurada, supervisada polo realizador e o seu director de fotografía Christopher Doyle. Tamén pasa polos nosos micros Ramiro Ledo, o noso director e programador, que fai balance deste primeiro ano de DUPLEX Cinema na súa nova etapa, desde que nos fixeramos coa xerencia da sala en outubro de 2019. Consulta aquí o primeiro programa.

Ler máis

Filma o teu traxecto a DUPLEX Cinema e gaña un abono anual

Desde DUPLEX Cinema queremos participar na iniciativa ON THE WAY TO MY CINEMA, organizada por Connecting Cinemas, e para iso precisamos da túa axuda. Grava un vídeo dun minuto desde a túa casa até DUPLEX Cinema e envíanolo tanto a nós como á organización. Os que eles elixan serán compartidos na súa páxina web e a través de YouTube, para ensinar en toda Europa como é a nosa cidade e a nosa sala. Pola nosa banda, sortearemos un abono anual para vir ao cinema sempre con desconto entre todas as persoas que participedes nesta iniciativa. Segue a ler para coñecer os detalles.

Ler máis

DUPLEX presenta

Presentación de 'Ons' cuns brillantes Morris e Melania Cruz

Este domingo día 20 ás 17:45 contamos coa presentación de Ons, o último filme de Alfonso Zarauza, que conta no seu reparto cuns espectaculares Antonio Durán 'Morris' e Melania Cruz. Presentada no pasado festival de Sevilla, trátase da obra máis persoal e madura do realizador compostelán. O director estará acompañado en DUPLEX Cinema do ferrolán Alberte Branco 'Bertitxi', o seu director de fotografía, que realiza aquí un dos seus traballos máis depurados. Ambos os dous introducirán a fita e terán un debate co público. As entradas xa están á venda.

Ler máis

Europa Cinemas premia a Ramiro Ledo como emprendedor do ano 2020

O director e programador de DUPLEX Cinema recibe este galardón por reabrir a última sala que quedaba en Ferrol, cunha aposta renovada polo cinema independente e en versión orixinal, que desde Europa Cinemas valoran especialmente. Os responsábeis da institución comunitaria recoñecen a traxectoria previa de Ramiro e recordan que en 2015 foi o primeiro en Galicia en programar este tipo de contidos desde o seu anterior posto de director e programador do cinema NUMAX (Compostela).

Ler máis