Dá comezo a temporada de ópera coa gala proxectada o 2 de xaneiro
DUPLEX Cinema inicia a súa temporada de ópera cunha gala proxectada o 2 de xaneiro, coas extraordinarias voces de Anja Harteros, Ekaterina Gubanova, Jonas Kaufmann e Bryn Terfel baixo a batuta de Marco Armiliato; na que se fai repaso a algunhas das mellores óperas na historia deste xénero.
Dá comezo a temporada de ópera en DUPLEX Cinema cunha gala proxectada o 2 de xaneiro, coas extraordinarias voces de Anja Harteros, Ekaterina Gubanova, Jonas Kaufmann e Bryn Terfel baixo a batuta de Marco Armiliato; na que se fai repaso a algunhas das mellores óperas na historia deste xénero. Será só a primeira de varias citas destes espectáculos filmados en alta definición desde os máis notábeis teatros do mundo, e dos que se pode gozar na gran pantalla. As sesións terán un prezo de 15 euros. As persoas abonadas coa modalidade colabora entran por 10 euros. As entradas para esta primeira ópera xa están dispoñíbeis en venda anticipada na páxina web.
Unha gala extraordinaria chea de emocións! É como a prensa especializada exaltou o denominado "concerto do ano" con mangíficas interpretacións representando o cume das superestrellas da música clásica. Acompañados pola Badische Staatskapelle e baixo a batuta de Marco Armiliato, exploraron algunhas das óperas máis notábeis e populares, combinando todos os trazos deste xénero supremo musical nun concerto único: beleza, máxicas melodías, traxedia, e unha paixón desbordante. Un ramallete de arias e dúos que enfeitizan a audiencia desde o primeiro acorde, ofrecendo unha experiencia única para o espectador.
Desde o impactante Morró, ma prima grazia de Verdi, Un ballo in Maschera cantado por Anja Harteros, Bryn Terfels co seu desgarrador Le veau d'or est toujours debout de Gounods Faust, incluíndo a Jonas Kaufmann e Ekaterina Gubanovas coa súa interpretación dramática da obra mestra de Mascagni Cavalleria Rusticana.
A continuación deixámosvos unha listaxe das representacións por vir coas correspondentes datas:
- Aida - 6 de febreiro
- Carmen - 5 de marzo
- Turandot - 9 de abril
- O barbeiro de Sevilla - 7 de maio
- Nabucco - 4 de xuño