Ópera Gala

  • Ópera e ballet
  • TP

Ópera Gala

  • Ópera e ballet
  • TP

Unha gala extraordinaria chea de emocións! É como a prensa especializada exaltou o denominado 'concerto do ano' con Anja Harteros, Ekaterina Gubanova, Jonas Kaufmann e Bryn Terfel, catro extraordinarias voces representando o cume das superestrellas da música clásica.

Acompañados pola Badische Staatskapelle e baixo a batuta de Marco Armiliato, exploraron algunhas das óperas máis notábeis e populares, combinando todos os trazos deste xénero supremo musical nun concerto único: beleza, máxicas melodías, traxedia, e unha paixón desbordante. Un ramallete de arias e dúos que enfeitizan a audiencia desde o primeiro acorde, ofrecendo unha experiencia única para o espectador.

Desde o impactante 'Morró, ma prima grazia' de Verdi, Un ballo in Maschera cantado por Anja Harteros, Bryn Terfels co seu desgarrador 'Le veau d'or est toujours debout' de Gounods Faust, incluíndo a Jonas Kaufmann e Ekaterina Gubanovas coa súa interpretación dramática da obra mestra de Mascagni Cavalleria Rusticana.

  • Título orixinal: Ópera Gala
  • Ano: 2016
  • Duración: 139 minutos
  • Idioma orixinal: Italiano
  • Dirección: Marco Armiliato
  • Elenco: Soprano Anja Harteros, Mezzo-soprano Ekaterina Gubanova, Tenor Jonas Kaufmann, Baritono Bryn Terfel, orquesta Badische Staatskapelle
  • Música: Richard Wag ner, Charles Gounod, Pietro Mascagni, Giacomo Puccini, Arrigo Boito, Giuseppe Verdi, Francesco Cilea, Georges Bizet, Jerry Bock, Nino Rota, Franz Lehár
  • Distribuidora: Versión Digital