Turandot

  • Espectáculos
  • TP
  • VOSE
Pase único 9 de abril

Turandot

  • Espectáculos
  • TP
  • VOSE

Turandot desde o Arena di Verona na lendaria produción de Franco Zeffirelli da obra mestra de Puccini.

O prestiogioso Festival de Verona rende homenaxe ao aclamado director de escena Franco Zeffirelli na súa 88 edición. Zeffirelli ofrece unha suntuosa posta en escena do conto de fadas da princesa Turandot, quen só casará co príncipe que resolva os seus enigmas.

A soprano rusa Maria Guleghina interpreta a unha brillante Turandot. Salvatore Licitra, no papel de Calaf, triunfa coa súa impoñente voz mantendo o control mesmo no rexistro máis alto. Mentres que a soprano Tamar Iveri convértese nunha preciosa e sensible Liù.

O mestre Giuliano Carella é o encargado de dirixir á Orquestra e Coro do Area dei Verona.

  • Título orixinal: Turandot
  • Ano: 2010
  • Duración: 128 minutos
  • Idioma orixinal: Italiano
  • Dirección: Giuliano Carella (música), Franco Zeffirelli (escena)
  • Elenco: Maria Guleghina, Carlo Bosi, Luiz-Octavio Faria, Salvatore Licitra, Tamar Iveri, Leonardo Lopez Linarès, Gianluca Bocchino, Saverio Fiore, Giuliano Pelizon, Angel Harkatz Kaufman
  • Vestiario: Emi Wada
  • Música: Giuliano Carella, Fondazione Arena di Verona
  • Distribuidora: Versión Digital