Dunia e outros contos do mundo
- Petís DUPLEX 2022
- Estrea
- +7
Dunia e outros contos do mundo
- Petís DUPLEX 2022
- Estrea
- +7
Dúnia (Dounia) , Marya Zarif, André Kadi, Canadá, 2020, 28': Dunia é unha pícara de seis anos á que lle encanta xogar, aprender e descubrir novas historias. Vive cos seus avós en Alepo, até que un día se ven na obriga de deixar o seu país por mor da guerra. Todos xuntos comezarán unha grande aventura na procura dun novo fogar.
Un programa protagonizado por cativos e cativas loitadoras, imaxinativas e esperanzadoras que representan a unión de culturas e a necesidade de acoller e respectar o outro.
Cinema Rex, Mayan Engelman, Eliran Peled, Israel, 2020, 6': Nunha cidade dividida, un neno e unha nena de bandos rivais atópanse no Cinema Rex. El só fala hebreo e ela só fala árabe, pero con todo conseguirán formar unha verdadeira amizade baseada nunha linguaxe máxica: a do cinema.
América, Nadav Arbel, Israel, 2020, 15' 22'': Unha nai e un fillo viven no Tel Aviv de 1950. A nai soña cun futuro lonxe de Israel, mentres que o fillo vive ocupado imaxinándose mundos de fantasía.
Bango Vassil, Milen Vitanov, Vera Trajanova, Bulgaria, Alemania, 2016, 8'43'': Dous nenos comparten un fin de ano totalmente diferente, facendo unha viaxe xeado onde deben cruzar augas e culturas para entenderse, respectarse e comezar de cero.
Filme dobrado ao español, recomendado para crianzas de 7 anos en diante.
Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.
Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol
- Título orixinal: Dounia
- Ano: 2022
- Duración: 58 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: VVAA
- Distribuidora: Rita & Luca