En carteleira

Ver histórico de filmes

O que arde

Oliver Laxe

Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por ter provocado un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. Ler máis

DUPLEX na casa

Longa noite

Eloy Enciso

Durante a posguerra española, Anxo regresa ao seu pobo no interior de Galicia. Alí crúzase con outros personaxes, gañadores e vencidos dunha España dividida: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano que describe o seu calvario. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse no longa noite franquista. Ler máis

DUPLEX na casa

La hija de un ladrón

Belén Funes

Sara estivo soa toda a súa vida. Ten 22 anos e un bebé, o seu desexo é formar unha familia normal xunto ao seu irmán pequeno e o pai do seu fillo. O seu pai, Manuel, logo de anos de ausencia e ao saír do cárcere, decide reaparecer nas súas vidas. Ler máis

DUPLEX na casa

A portuguesa

Rita Azevedo Gomes

Estamos na Idade Media, inestábel e caótica. A moza e encantadora esposa portuguesa de Lord von Ketten múdase a un antigo castelo no norte de Italia. El está preparado para volver á guerra e loitar pola súa terra contra o bispo de Trento, namentres ela fica confinada durante once longos anos. Ler máis

DUPLEX na casa

Monos

Alejandro Landes

No cumio dunha impoñente montaña, oito nenos guerrilleiros alcumados 'Os Monos' conviven baixo a atenta mirada dun sarxento paramilitar. A súa única misión é clara: coidar á doutora, unha muller americana á que tomaron como refén. Ler máis

DUPLEX na casa