En carteleira

Ver histórico de filmes

Las niñas

Pilar Palomero

Celia, unha nena de 11 anos, estuda nun colexio de monxas de Zaragoza e vive coa súa nai. Brisa, unha nova compañeira recén chegada de Barcelona, empúrraa cara a unha nova etapa na súa vida: a adolescencia. Ler máis

Uno para todos

David Ilundain

Un profesor interino asume a tarefa de ser titor de sexto de primaria nunha vila completamente descoñecida para el. Cando descubre que ten que integrar un alumno enfermo na aula, atópase cun problema aínda maior: ningún dos seus compañeiros quere que volva á aula. Ler máis

A Deusa Fortuna

Ferzan Ozpetek

Arturo (Stefano Accorsi) e Alessandro ( Edoardo Leo) están xuntos desde fai quince anos. Aínda que o seu amor e a súa paixón crearon un importante vínculo entre os dous, a súa relación está en crise desde hai un tempo. Pero a repentina chegada a casa dos fillos de Annamaria (Jasmine Trinca), a mellor amiga de Alessandro, dará un xiro inesperado á súa aburrida rutina. Ler máis

El Drogas

Natxo Leuza

Percorrido histórico e vital dunha das figuras máis importantes do Rock & Roll en castelán: Enrique Villarreal "El Drogas". Ler máis

Tommaso

Abel Ferrara

Tommaso, un artista estadounidense, vive en Roma coa súa muller Nikki e a súa filla DeeDee. Exdrogadicto, agora leva unha vida ordenada, acompasada co ritmo da escrita de guións, a meditación, as reunións de Alcohólicos Anónimos, a aprendizaxe de italiano ou as súas clases de teatro. Ler máis

Coa morte nos talóns

Alfred Hitchcock

Debido a un malentendido, a Roger O. Thornhill, un executivo do mundo da publicidade, uns espías confúndeno cun axente do goberno. Secuestrado por tres individuos que o levan a unha mansión para interrogalo, consegue fuxir. Ler máis

La boda de Rosa

Icíar Bollaín

A piques de cumprir 45, Rosa dáse de conta de que viviu sempre por e para os demais e decide premer o botón nuclear, mandalo todo a paseo e tomar as rendas da súa vida. Mais antes, quere embarcarse nun compromiso moi especial: un matrimonio consigo propia. Ler máis

Non creas que vou berrar

Frank Beauvais

Xaneiro 2016. Hai seis meses que a miña relación amorosa acabou. Aos 45 anos, vivo completamente só nunha pequena vila rural: sen coche, sen traballo nin perspectivas de futuro rodeado dunha natureza exuberante que non consegue acougar a miña desesperación. Ler máis

Off DUPLEX

Reboiras. Acción e corazón

Alberte Mera

Un retrato fiel do que foi a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política. A súa traxectoria e o seu pensamento son recreados a través de entrevistas a 28 testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida. Ler máis

A illa das mentiras

Paula Cons

A noite do 1 de xaneiro de 1921, en medio dunha espesa néboa, o vapor El Santa Isabel, con 260 emigrantes con destino Bos Aires, afundiuse fronte á escarpada e dura costa da illa de Sálvora. Tres mulleres, cos homes en terra firme celebrando o Nadal, lánzanse ao mar e logran salvar 50 persoas. Un xornalista acode ao lugar para cubrir a noticia do naufraxio. Aos poucos comproba que esa noite sucedieron demasiadas terríbeis “casualidades”. Ler máis

Manon Lescaut

Antonio Pappano (música), Jonathan Kent (escena)

Esta obra mestra de Puccini retorna ao Covent Garden tras unha ausencia de máis de 20 anos. Nunha nova produción de Jonathan Kent baixo a batuta do director de orquestra Antonio Pappano. A apaixonante soprano letoa Kristine Opolais no papel principal comparte reparto estelar con Jonas Kaufman como o seu amante e Christopher Maltman como o seu cínico irmán Lescaut. Ler máis

Ópera e ballet

Macbeth

Antonio Pappano (música), Phyllida Lloyd (escena)

Antonio Pappano dirixe a orquestra e coro da Royal Opera House. A principal novidade desta produción é a participación de Anna Netrebko, como Lady Macbeth, un dos papeis principais desta ópera. A soprano rusa lidera un elenco no que ademais destaca o barítono Zeljo Luji como Macbeth, e el barítono baixo italiano Ildebrando Arcangel, como Banquo. Ler máis

Ópera e ballet

O crebanoces

Peter Wright por Lev Ivanov (coreografía), Boris Gruzin (música)

É Noiteboa e Herr Drosselmeyer o mago traslada á moza Clara a unha aventura de fantasía na que o tempo se para, a sala de estar familiar convértese nun gran campo de batalla, e unha máxica viaxe lévalles desde a Terra dos Flocos de neve á Terra dos Doces. A brillante partitura de Tchaikovsky, os preciosos e festivos deseños de escenario, e a danza cativadora do Royal Ballet, que inclúe un pas de deux exquisito entre o Fada de Azucre e o seu Príncipe, converten a esta versión do Crebanoces na experiencia obrigatoria deste Nadal. Ler máis

Ópera e ballet

Estrea 2 de outubro

Falling

Viggo Mortensen

John Peterson vive co seu marido Eric e a súa filla adoptiva, Monica, en California. Willis, o seu pai, un granxeiro solitario e conservador, accede a viaxar a Los Ángeles e quedarse na casa de John mentres busca o lugar idóneo para xubilarse. Ler máis

Estrea 2 de outubro

Nunca, case nunca, ás veces, sempre

Eliza Hittman

Autumn, unha apática e calada adolescente, traballa como caixeira nun supermercado rural de Pennsylvania. Véndose obrigada a soportar un embarazo accidental e sen alternativas viables para poder realizar un aborto no seu propio estado, ela e a súa prima Skylar reúnen algo de diñeiro e embárcanse nun autobús rumbo a Nova York. Ler máis

Estrea 2 de outubro

Rifkin's Festival

Woody Allen

Un matrimonio estadounidense acode ao Zinemaldia de San Sebastián. Ela ten un affaire cun brillante director de cinema francés e el namórase dunha residente na cidade. Ler máis

Estrea 9 de outubro

Akelarre

Pablo Agüero

País Vasco, 1609. Os homes da rexión marcharon á mar. Ana participa nunha festa no bosque con outras mozas da aldea. O xuíz Rostegui, encomendado polo Rei para purificar a rexión, arréstaas e acúsaas de bruxería. Ler máis

Estrea 9 de outubro

Verán do 85

François Ozon

Alexis, a piques de cumprir 16 anos, case afoga ao volcar o seu barco na costa de Normandía. David, de 18 anos, sálvao heroicamente. Alexis acaba de coñecer o amigo dos seus soños. Mais durará ese soño máis dun verán? O verán do 85. Ler máis

Estrea 16 de outubro

Corpus Christi

Jan Komasa

Daniel quere ser sacerdote, mais isto é imposíbel debido aos seus antecedentes penais. Cando é enviado traballar a un taller de carpintería nunha pequena cidade, á súa chegada viste de sacerdote e faise cargo accidentalmente da parroquia local. Ler máis

Estrea 16 de outubro

Vitalina Varela

Pedro Costa

Vitalina aterra en Lisboa tres días despois do funeral do seu marido Joaquim. Foi campesiña durante toda a súa vida en Cabo Verde e estivo agardando ese billete de avión máis de 25 anos para reunirse con el. Ler máis