En carteleira

Ver histórico de filmes

Reboiras. Acción e corazón

Alberte Mera

Un retrato fiel do que foi a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política. A súa traxectoria e o seu pensamento son recreados a través de entrevistas a 28 testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida. Ler máis

Estrea 14 de agosto

Zombi Child

Bertrand Bonello

Haití, 1962. Un home regresa de entre os mortos para seren enviado ao inferno dos campos de cana de azucre. En París, 55 anos despois, no prestixioso internado da Lexión de Honor, unha rapaza haitiana revela un antigo segredo familiar ás súas novas amigas, sen imaxinar que esta estraña historia fará que unha compañeira de clase faga o impensábel. Ler máis

Estrea 28 de agosto

Abou Leila

Amin Sidi-Boumédiène

Na Alxeria de 1994, masacrada polos atentados terroristas, dous homes parten a unha viaxe polo deserto na procura do autor dun deses ataques. Todo se vai volvendo cada vez máis estraño, a realidade vai cedendo aos poucos. Unha obra abafante e de pesadelo que nos fará dubidar da nosa propia percepción. Ler máis

Proximamente

Tenet

Christopher Nolan

Armado de só unha palabra –Tenet–, o protagonista desta historia deberá pelexar pola supervivencia do mundo enteiro nunha misión que o leva a viaxar a través do escuro mundo da espionaxe internacional, que desdobrará en algo alén do tempo lineal. Ler máis