Premiere española de 'Borrar o historial' en directo desde o Festival de Sevilla

Será este domingo ás 19:45, para celebrar o Día Internacional do Cinema Europeo. Gustave Kevern, un dos directores desta comedia franco-belga, intervirá telematicamente ao inicio da proxección para presentar a fita.

A CICAE (Confederación Internacional de Cines de Arte e Ensaio), en colaboración con Europa Cinemas, celebra por quinto ano consecutivo o Día Internacional do Cinema Europeo, para promover o cinema continental de autor.

DUPLEX Cinema súmase a esta iniciativa, coordinada este ano polo Festival de Cinema Europeo de Sevilla (SEFF). O 8 de novembro ten lugar na cidade andaluza a premiere española da comedia franco-belga Borrar o historial, elixida polo director do festival, José Luis Cienfuegos, para que sexa proxectada simultaneamente en cinemas de toda España.

Para celebrar esta preestrea especial, un dos seus directores, Gustav Kervern, presentará virtualmente o filme antes da sesión, que ten lugar este domingo ás 19:45. As entradas poden adquirirse xa na web.

Borrar o historial conta a historia de tres veciños dun suburbio con diferentes problemas relacionados coas redes sociais, internet e a televisión. Intentan atopar unha solución declarando a guerra aos xigantes tecnolóxicos. Moi ben recibida pola crítica na pasada edición da Berlinale, levou alí o Oso de Prata.