- +12
- Estrea
Así chegou a noite
Un escultor establece o seu taller nunha afastada zona rural da costa galega. Pouco a pouco irá illándose da súa contorna, cortando todo contacto con amizades e familiares. Cando un antigo amor acode ao seu encontro provocará a reflexión do escultor sobre o seu desexo de illamento e a necesidade dunha nova fuxida.