- Estrea
San Simón
Outubro, 1936. O franquismo abre campos de concentración por todo o territorio. Empregan conventos, fábricas, escolas, prazas de touros, mosteiros... San Simón destaca pola súa insularidade. O réxime converte o antigo lazareto nun lugar de morte onde os prisioneiros sofren a represión rodeados dunha beleza abrumadora.