
- +16
- Estrea
Sirat
Un home (Sergi López) e o seu fillo (Bruno Núñez) chegan a unha rave perdida no medio das montañas do sur de Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer.
Un home (Sergi López) e o seu fillo (Bruno Núñez) chegan a unha rave perdida no medio das montañas do sur de Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer.
A inicios dos anos 2000, en China, Qiaoqiao e Bin viven un amor apaixonado pero fráxil, cantando, bailando e gozando de todo o que a cidade de Datong lles pode ofrecer. Pero un día Bin decide probar sorte noutra provincia máis grande e marcha sen avisar nin deixar rastro. Tempo despois, Qiaoqiao decide emprender unha viaxe para tratar de localizalo.
Lang regresa á súa cidade natal despois de saír do cárcere. Mentres traballa limpando a cidade de cans da rúa antes dos Xogos Olímpicos, establece unha conexión inesperada cun can negro.
Suzanne é unha moza de dezaseis anos cunha vida sexual moi activa pero sen interese polas relacións románticas. Na súa casa, a situación é tensa: seu pai abandonounos, súa nai ten tendencias neuróticas e seu irmán bate nela.
Crónica da degradación dunha parella. A partir dos avatares amorosos de Jean, un cineasta colérico e violento, e Catherine, amante infantil e neurótica, Pialat traza o relato implacable dun amor que se resiste á súa disolución.