- Estrea
Amarga Navidad
Elsa é unha directora de publicidade cuxa nai morre durante unha longa ponte do mes de decembro. Encontra refuxio no traballo, aínda que máis ben é unha fuxida cara a diante. Traballa sen parar e, sen decatarse, non se concede o tempo necesario para gardar o duelo pola ausencia materna.