Vivamente o domingo
- François Truffaut: O pracer da mirada
- Patrimonio e repertorio
- +12
Vivamente o domingo
- François Truffaut: O pracer da mirada
- Patrimonio e repertorio
- +12
Julien Vergel (Jean-Louis Trintignant) é acusado do asasinato da súa muller. A súa secretaria, Barbara Becker (Fanny Ardant), porá en dúbida a súa culpabilidade e comezará a investigar por conta propia. Último filme de François Truffaut baseado na novela orixinal de Charles Williams, onde a confianza entre o cineasta, a súa esposa (Ardant) e o director de fotografía Néstor Almendros fíxose moi patente para todos os amantes da sétima arte. Unha sentida homenaxe ao cinema negro americano e ao suspense de Alfred Hitchcock combinando elementos propios da comedia, o thriller e o suspense sen esquecer o selo romántico que caracterizou o mestre francés durante toda a súa carreira.
Entrada de balde. Poden recollerse desde o venres inmediatamente anterior á proxección, presencialmente en DUPLEX Cinema, cun máximo de 2 convites por persoa.
*Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol
- Título orixinal: Vivement dimanche!
- Ano: 1983
- Duración: 106 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: François Truffaut
- Guión: François Truffaut, Suzanne Schiffman, Jean Aurel (Novela: Charles Williams)
- Elenco: Jean-Louis Trintignant, Fanny Ardant, Philippe Laudenbach, Caroline Silhol, Philippe Morier-Genoud
- Montaxe: Martine Barraqué
- Dirección de arte: Hilton McConnico
- Vestiario: Michèle Cerf
- Son: Pierre Gamet, Jacques Maumont
- Música: Georges Delerue
- Fotografía: Néstor Almendros
- Produtora: Les Films du Carrosse, Films A2, Soprofilms (Francia)
- Distribuidora: Avalon