François Truffaut: O pracer da mirada

En carteleira

Ver programación

Unha rapaza tan decente coma min

François Truffaut

Stanislav Previne, un mozo profesor de socioloxía, prepara unha tese sobre a criminalidade feminina. Unha das mulleres elixidas para o seu estudo é Camille Bliss, acusada, entre outras cousas, do asasinato de Arthur, un técnico en desratización. Conforme avanzan as conversas con ela, Stanislav está cada vez máis convencido da inocencia de Camille. Ler máis

Pase único 8 de decembro

O amor en fuga

François Truffaut

Logo de cinco anos de matrimonio e cun fillo, Antoine Doinel e Christine divórcianse. Antoine volve atopar as súas vellas amantes e outros coñecidos. Quinta e última entrega da saga de filmes en torno á figura de Doinel. Ler máis

Pase único 15 de decembro

O último metro

François Truffaut

Durante a ocupación de París polas tropas alemás, un grupo de actores trata de sacar adiante unha obra de teatro. Ninguén sospeita que no soto do edificio se agocha o director do grupo, un home de orixe xudía que na sombra está a dirixir a obra a través das indicacións que dá á súa muller, que é a protagonista. Ler máis

Pase único 22 de decembro

A muller do lado

François Truffaut

Mathilde atopa no seu novo barrio a Bernard, con quen mantivo unha relación anos atrás. A pesar de estar casados, non poden evitar volver vivir un romance. Ler máis

Pase único 29 de decembro

Vivamente o domingo

François Truffaut

Julien Vergel é acusado do asasinato da súa muller. A súa secretaria, Barbara Becker, porá en dúbida a súa culpabilidade e comezará a investigar por conta propia. Ler máis

Filmes xa programados

A pel suave

François Truffaut

Pierre Lachenay, un famoso escritor, casado con Franca e cunha filla de 10 anos, abandona o fogar conxugal tras iniciar unha relación con Nicole, unha azafata de voo. Mais, a pesar da súa decisión, ten constantes dúbidas sobre os seus sentimentos... Ler máis

A pel suave (bis)

As dúas inglesas e o amor

François Truffaut

No París de 1900, Claude Roc, un mozo francés de clase media, comeza unha amizade con Anne Brown, unha moza inglesa. Ela convídao a ir á súa casa de Gales, onde vive coa súa irmá Muriel. Unha vez alí, aínda que Claude se sinte atraído por Anne, ela procura desviar a súa atención cara Muriel. Ler máis

Bicos roubados

François Truffaut

Antoine é expulsado do exército por insubordinación e visita a súa antiga moza, Christine Darbon. O pai de Christine atopa un traballo temporal para Antoine. Porén, por culpa dun detective privado, perde o emprego o primeiro día. Como compensación, o detective ofrécelle un traballo na súa axencia. Ler máis

Dispárenlle ao pianista

François Truffaut

Charlie Kohler, antigamente un grande concertista de piano, traballa como pianista nun popular cabaret. Charlie conseguiu agochar a todos o seu misterioso pasado mantido en secreto durante anos. Porén, inesperadamente, aparecerán os seus irmáns reclamándolle axuda. Ler máis

Dispárenlle ao pianista (Bis)

Domicilio conxugal

François Truffaut

Antoine vén de casar con Christine. Mentres el trata de conseguir diñeiro vendendo flores secas polas rúas parisienses, a súa muller imparte clases de violín. O tempo pasa, e teñen un bebé, pero Antoine, que segue sendo emocionalmente inestábel e inmaduro, inicia unha aventura extramatrimonial. Ler máis

Domicilio conxugal (bis)

Jules e Jim

François Truffaut

Jules e Jim son dous inseparábeis amigos que namoran da mesma muller, Catherine. Un deles finalmente casa con ela. Obra capital do cinema francés dos sesenta, un fermoso canto ao amor e a paixón. Ler máis