Unha rapaza tan decente coma min

Unha rapaza tan decente coma min

Stanislav Previne, un mozo profesor de socioloxía, prepara unha tese sobre a criminalidade feminina. Unha das mulleres elixidas para o seu estudo é Camille Bliss, acusada, entre outras cousas, do asasinato de Arthur, un técnico en desratización. O profesor, armado coa súa gravadora e as súas persoais teorías que aínda non puido confirmar, acude á prisión. Entrevístase coa rapaza e sométea a un longo interrogatorio, no que sae relucir o seu pintoresco pasado. Conforme avanzan as conversas, Stanislav está cada vez máis convencido da inocencia de Camille e chega á conclusión de que Arthur suicidouse.

 

Entrada de balde. Poden recollerse desde o venres inmediatamente anterior á proxección, presencialmente en DUPLEX Cinema, cun máximo de 2 convites por persoa.

 

*Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Un belle fille comme moi
  • Ano: 1972
  • Duración: 98 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: François Truffaut
  • Guión: François Truffaut, Jean-Loup Dabadie (Libro: Henry Farrell)
  • Elenco: Bernadette Lafont, Claude Brasseur, Charles Denner, Guy Marchand, André Dussollier, Philippe Léotard, Anne Kreis
  • Montaxe: Martine Barraqué, Yann Dedet
  • Dirección de arte: Jean-Pierre Kohut-Svelko
  • Vestiario: Monique Dury
  • Son: René Levert
  • Fotografía: Pierre-William Glenn
  • Produtora: Les Films du Carrosse (Francia)
  • Distribuidora: Avalon