Jean Eustache: Os meus pequenos amores

Pase único 14 de marzo

Jean Eustache: Os meus pequenos amores

Nunha pequena localidade meridional francesa, Daniel, un rapaz que está a entrar na adolescencia, vive feliz coa súa avoa. Pero hase de mudar coa súa nai e o noivo dela a Narbona. Cunha situación precaria en casa, Daniel vese obrigado a abandonar o colexio e traballar como aprendiz de mecánico.

Na cidade descubrirá o mundo dos adultos, ao mesmo tempo que esperta a súa sexualidade.

  • Título orixinal: Mes petites amoureuses
  • Ano: 1974
  • Duración: 123 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Jean Eustache
  • Guión: Jean Eustache
  • Elenco: Martin Loeb, Ingrid Caven, Jacqueline Dufranne, Dionys Mascolo, Henri Martinez, Marie-Paule Fernandez, Maurice Pialat
  • Fotografía: Néstor Almendros
  • Distribuidora: Filmin