O amor en fuga
- François Truffaut: O pracer da mirada
- Patrimonio e repertorio
- +12
O amor en fuga
- François Truffaut: O pracer da mirada
- Patrimonio e repertorio
- +12
Logo de cinco anos de matrimonio e cun fillo, Antoine Doinel e Christine divórcianse. El traballa como corrector nunha imprenta e está namorado de Sabine, vendedora nunha tenda de discos. Un día atopa alí a Colette Tazzi, a rapaza das Mocidades Musicais que coñeceu en Antoine e Colette e que foi o seu primeiro amor. Antoine encontra tamén outros moitos coñecidos, como Monsieur Lucien, examante da súa nai, e todas as mulleres que pasaron pola súa vida. Expoñendo por última vez na saga temas como a infidelidade, a feminidade ou a constante procura do amor, Truffaut reitera de novo a súa fascinación pola muller, o tema do amor, así como congratularse pola implantación en Francia do divorcio por mutuo acordo. Quinta e última entrega da saga de filmes en torno á figura de Doinel.
Entrada de balde. Poden recollerse desde o venres inmediatamente anterior á proxección, presencialmente en DUPLEX Cinema, cun máximo de 2 convites por persoa.
*Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol
- Título orixinal: L'amour en fuite
- Ano: 1979
- Duración: 94 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: François Truffaut
- Guión: François Truffaut, Marie-France Pisier, Jean Aurel, Suzanne Schiffman
- Elenco: Jean-Pierre Léaud, Marie-France Pisier, Claude Jade, Dorithée, Rosy Varte, Daniel Mesguich, Julien Bertheau, Richard Berry
- Montaxe: Martine Barraqué
- Dirección de arte: Jean-Pierre Kohut-Svelko
- Vestiario: Monique Dury
- Son: Michel Laurent
- Música: Georges Delerue
- Fotografía: Néstor Almendros
- Produtora: Les Films du Carrosse (Francia)
- Distribuidora: Avalon