Monos

Monos

No cumio dunha impoñente montaña, onde o que a primeira vista parece un campamento de verán, oito nenos guerrilleiros alcumados Os Monos conviven baixo a atenta mirada dun sarxento paramilitar. A súa única misión é clara: coidar á doutora, (Julianne Nicholson), unha muller americana á que tomaron como refén. Cando esta misión comeza a perigar, a confianza entre eles ponse en dúbida.

O filme que gañou o Premio Especial do Xurado no Festival de Sundance, é unha reinterpretación moderna de O señor das moscas con tinguiduras da famosa novela de Joseph Conrad O corazón das tebras. O seu director, Alejandro Landes, reflexiona con dureza sobre as FARC colombiana, nesta viaxe salvaxe e hipnótica a través da selva.

Coa colaboración de Bteam

  • Título orixinal: Monos
  • Ano: 2019
  • Duración: 102 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Alejandro Landes
  • Guión: Alexis Dos Santos, Alejandro Landes
  • Elenco: Julianne Nicholson, Moises Arias, Jorge Román, Sofia Buenaventura, Laura Castrillón, Sneider Castro
  • Montaxe: Ted Guard, Yorgos Mavropsaridis, Santiago Otheguy
  • Dirección de arte: Angela Leyton
  • Vestiario: Johanna Buendia, Daniela Schneider
  • Son: Lena Esquenazi
  • Música: Mica Levi
  • Fotografía: Jasper Wolf
  • Produtora: Franja Nomo, Campo Cine , Film I Väst, Le Pacte, Lemming Film, Mutante Cine, Pandora Film, Snowglobe Films ( Colombia-Arxentina-Uruguai-Países Baixos-Alemaña-Suecia)
  • Distribuidora: BTeam
Sundance 2019 (Premio Especial do Xurado), Berlinale 2019 (Sección Oficial), Donostia 2019 (Premio Sebastiane)