DUPLEX na casa

En carteleira

Ver programación

O que arde

Oliver Laxe

Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por ter provocado un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. Ler máis

Longa noite

Eloy Enciso

Durante a posguerra española, Anxo regresa ao seu pobo no interior de Galicia. Alí crúzase con outros personaxes, gañadores e vencidos dunha España dividida: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano que describe o seu calvario. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse no longa noite franquista. Ler máis

La hija de un ladrón

Belén Funes

Sara estivo soa toda a súa vida. Ten 22 anos e un bebé, o seu desexo é formar unha familia normal xunto ao seu irmán pequeno e o pai do seu fillo. O seu pai, Manuel, logo de anos de ausencia e ao saír do cárcere, decide reaparecer nas súas vidas. Ler máis

A portuguesa

Rita Azevedo Gomes

Estamos na Idade Media, inestábel e caótica. A moza e encantadora esposa portuguesa de Lord von Ketten múdase a un antigo castelo no norte de Italia. El está preparado para volver á guerra e loitar pola súa terra contra o bispo de Trento, namentres ela fica confinada durante once longos anos. Ler máis

Monos

Alejandro Landes

No cumio dunha impoñente montaña, oito nenos guerrilleiros alcumados 'Os Monos' conviven baixo a atenta mirada dun sarxento paramilitar. A súa única misión é clara: coidar á doutora, unha muller americana á que tomaron como refén. Ler máis

Filmes xa programados

A alegría das pequenas cousas

Daniele Luchetti

Como cada mañá Paolo sobre á súa escúter para ir ao traballo. Ao atravesar un cruce co semáforo en vermello, atropélao un camión e Paolo falece. Pero por un erro de cálculo no paraíso, Paolo obtén unha hora e media máis para vivir despois da morte. 90 minutos para conseguir o que realmente conta na vida: estar coas persoas que más queres. Ler máis

A paixón na arte

Phil Grabsky

Documental que explora a representación da Semana Santa na arte, desde a época dos primeiros cristiáns até a actualidade. O acontecemento da morte e resurrección de Cristo dominou a cultura occidental durante os últimos 2000 anos e é un dos motivos máis representados polos grandes artistas da historia. Ler máis

Agardando os bárbaros

Eugène Green

Un filme nacido a raíz dunha acción formativa para mozos actores celebrada en Toulouse no mes de maio, na que Green volve demostrar o seu talento para a dirección de intérpretes e a súa mirada crítica cara á invasión cultural vida do outro lado do océano. Ler máis

Antes do solpor

Richard Linklater

A terceira parte da triloxía desenvólvese en Grecia. Nove anos despois do seu segundo encontro romántico, o destino volve unir as vidas de Celine (Julie Delpy) e Jesse (Ethan Hawke). Ler máis

Foco Oliver Laxe: Mimosas

Oliver Laxe

Unha caravana atravesa as montañas do Atlas marroquí coa misión de conducir ao patriarca moribundo á aldea onde naceu, na que espera atopar ao fin repouso. A viaxe preséntase chea de incógnitas, pero Ahmed e Saïd, dous buscavidas, aseguran coñecer o camiño. Ler máis

Hasta que la boda nos separe

Dani de la Orden

Marina é unha trintañeira que se gaña a vida organizando vodas, e non porque sexa una romántica empedernida, senón porque como ela misma di, "cando a xente está namorada, non mira o diñeiro". A diferenza dos seus clientes, ela goza dunha vida sen ataduras nin compromisos, até que unha noite coñece a Carlos, un affaire máis para ela e un momento de debilidade para el. Ler máis

La camarista

Lila Avilés

Eve é unha moza camareira de piso nun luxoso hotel de México. Unha exclusiva torre de vidro onde viven hóspedes tan ricos que ela só pode imaxinar as súas vidas a través das súas fantasías e dos obxectos que van esquecendo. Ler máis

La vendedora de fósforos

Alejo Moguillansky

A vendedora de fósforos de Andersen, o burro de Bresson, a relación entre un guerrilleiro alemán e unha pianista arxentina, e Helmut Lachenmann tratando de montar unha ópera coa orquestra do Teatro Colón en folga. Ler máis

Michelangelo

David Bickerstaff

A arte de Michelangelo é evidente en todo o que tocou. Fermosos e diversos traballos como a impoñente estatua de David, a conmovedora Pietà na Basilica de San Pedro, e o seu tour de force: o teito da Capela Sixtina déixannos aínda hoxe sen alento. Ler máis

Os profesores de Saint Denis

Mehdi Idir, Grand Corps Malade

Samia é unha moza trintañeira que chega a unha escola de complicada reputación nun suburbio de París para ser a directora. Alí terá que lidar cos problemas recorrentes da disciplina, a realidade social que pesa sobre a escola e o vecindario, pero tamén coa incríbel vitalidade e humor dos estudantes e o resto do profesorado. Ler máis

Primeiras soidades

Claire Simon

Adolescentes dun instituto da periferia parisina discuten durante longas horas, xa sexa en clase, nos corredores ou no recreo, sobre as súas aspiracións, desexos de fuxir e abandonaren a súa zona de confort para descubriren un novo mundo sós. Ler máis

Vivarium

Lorcan Finnegan

Gemma (Imogen Poots) e Tom (Jesse Eisenberg) son unha parella nova que pensa na compra da súa primeira casa. Para iso visitan unha inmobiliaria onde os recibe un estraño axente de vendas, que os acompaña a Yonder, unha nova, misteriosa e peculiar urbanización onde todas as casas son idénticas, para amosarlles unha vivenda unifamiliar para eles. Ler máis