La camarista

La camarista

Eve é unha moza camareira de piso nun luxoso hotel de México. Unha exclusiva torre de vidro onde viven hóspedes tan ricos que ela só pode imaxinar as súas vidas a través das súas fantasías e dos obxectos que van esquecendo. Cun horario longo e esgotador, que non lle permite ver nin a súa familia, Eve prepara un plan para mellorar a súa situación laboral.

En colaboración con El Sur Films

  • Título orixinal: La camarista
  • Ano: 2018
  • Duración: 102 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Lila Avilés
  • Guión: Lila Avilés, Juan Carlos Marquéz
  • Elenco: Gabriela Cartol, Teresa Sánchez, Agustina Quinci, Alán Uribe
  • Montaxe: Omar Guzmán
  • Dirección de arte: Vika Fleitas
  • Vestiario: Lucía Uribe
  • Son: Guido Berenblum, Lucas Fushimi
  • Fotografía: Carlos Rossini
  • Produtora: La Panda, Amplitud, Bambú Audiovisual (México, Estados Unidos)
  • Distribuidora: El Sur
Morelia 2018 (Mellor Filme), La Habana 2018 (Premio Especial do Xurado), Toronto 2018 (Sección Oficial), Donostia 2018 (New Directors), Oscar 2020 (Candidata por México)