Domicilio conxugal

Domicilio conxugal

Antoine vén de casar con Christine. Mentres el trata de conseguir diñeiro vendendo flores secas polas rúas parisienses, a súa muller imparte clases de violín. O tempo pasa, e teñen un bebé, pero Antoine, que segue sendo emocionalmente inestábel e inmaduro, inicia unha aventura extramatrimonial.

 

Entrada de balde. Poden recollerse desde o venres inmediatamente anterior á proxección, presencialmente en DUPLEX Cinema, cun máximo de 2 convites por persoa.

 

*Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Domicile conjugal
  • Ano: 1970
  • Duración: 100 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: François Truffaut
  • Guión: François Truffaut, Claude de Givray, Bernard Revon
  • Elenco: Jean-Pierre Léaud, Claude Jade, Hiroko Berghauer, Daniel Ceccaldi, Claire Duhamel, Barbara Laage
  • Montaxe: Agnès Guillemot
  • Dirección de arte: Jean Mandaroux
  • Vestiario: Françoise Tournafond
  • Son: René Levert
  • Música: Antoine Duhamel
  • Fotografía: Néstor Almendros
  • Produtora: Les Films du Carrosse, Valoria Films (Francia), Fida Cinematografica (Italia)
  • Distribuidora: Avalon